viernes, 26 de diciembre de 2014

Cultura nas rúas galegas,festivais nos poros galegos

Galicia respira innovación por cada poro da súa pel. País curioso sen dubida.
Dende o comezo dos tempos,ou máis ben dende fai uns séculos..todo o mundo,ou mais ben os galegos e incultos...teñen a Galiza coma un lugar onde non hai máis que campo e estamos atrasados en todos os temas, sobretodo culturais e tecnolóxicos, máis moitos dos que pensan asi quedarían coa boca aberta se soubesen todo que se trama nestas terras, e que non escondense, senón que para coñecelos tes que buscar, e tes que interesarte. Tópico de terra misteriosa ben posto neste caso.
 Ninguén vai traerche nada a porta da túa casa en ningún lugar, non van traer nin bailes, nin libros nin cultura de ningún tipo...ou quizás si!! quizás nalgún lugar de Galicia,como en Vigo,podas saír da túa casa e atopar una obra de teatro en frente de ti.

Entre Febreiro e Marzo deste ano, reunironse nas rúas de Vigo 22 compañías, de ámbito internacional, das cales seis eran galegas. O motivo deste encontro nas rúas viguesas foi o Festival Alternativo de Artes Escénicas, o cal celebrase en Galicia, e ten moito son a nivel, como xa dixen antes, internacional, reunindo durante 15 días a artistas e intelectuais de todas as zonas de Europa,de feito leva sendo celebrado dende fai nove anos .
Este ano o festival xirou entorno a actuacións en lugares moi diferentes, tanto os auditorios e teatros de Vigo, como en prazas, rúas, e demais espazos abertos. Foron actuacións tanto de grupos de danza de todo tipo, escolas viguesas e galegas en xeral, e tamén compañías teatrais como a actualmente destacada e galega Voadora, a cal estreouse como compañía oficial neste festival e actuou neste festival coa obra Periferia e moitas máis actuacións que encheron Vigo de arte e cultura para todos por uns días,e que oxalá sigan moitos anos máis.

Pero isto non é o único..despois das innumerabeis actuacións dadas en Galiza, vou facer nomeamento a outra actividade parecida que vaise producir no ano que ven. Do 4 ao 21 de Febreiro de 2015, a cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) acolle un innovador festival de teatro,danza e arte en acción. Un festival chamado "escenas do cambio", gran nome para comezar cunha idea nova feita realidade.
Este é dirixido polo galego Pablo Hidalgo e esta vez as actuacións (sobre dezaseis) serán todas en espazos cerrados, e principalmente no museo centro Gaiás. Destaca una das actuacións creada por un portugués chamado Joao Galante co estreno de Atlas, obra protagonizada por cen persoas de Santiago de Compostela que traballarán durante una semana con os artistas e os seus equipos. Tamén outras compañías como Matariles ou a aparición de músicos como Virxilio da Silva.
Tamén teremos neste festival grupos de reflexión, algún deles dirixidos por galegos como Xesus Ron que formulará como obxetivo repesar a escena galega.
Aquí deixovos unha mostra do grupo Monica de Nut Trio, un grupo de música contemporánea e vangardista, que xa participou en festivais internacionais de música alternativa e gañou algún ca outro premio.Esta cantante canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Estudiou piano e pedagoxía musical. Formouse no canto lírico licenciándose na Escuela Superior de canto de Madrid e tamén na música tradicional galega e no jazz.
Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo :
Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva.
Colabora con varias agrupacións musicais e teatrais. Está a rodar os seus proxectos en solitario Voz soa e Intervencións de rúa e organiza obradoiros participativos de técnica vocal para profesionais e lúdicos como os Comando Grito ou Gran Coro de bebés; non hai cantante pequeño..Aquí deixovos una mostra :


sábado, 20 de diciembre de 2014

Materia prima da danza en Galiza

Boas noites,creo que para que esta entrada sexa pertinente debo comezar dicindo que eu bailo danza contemporánea, son una gran amante desta disciplina e pasome a maioría do meu tempo libre bailando, ou vendo videos de danza. Fai un rato deuseme por buscar "Danza en Galiza" en YouTube, para ver que saía,e lamentablemente non soará a sorpresa máis as primeiras 5 páxinas están compostas de escolas de baile galego e bailes de orquestas en festas de pobos.

Aclaro que eu non teño nada en contra do baile galego, sen dúbida somos os mellores niso..tamén faltaría máis, se é noso. Máis coma ese punto de vista do baile galego e as bailarinas das orquestas xa está máis que tocado, eu hoxe quero ver "danza en Galiza" dende outra forma.

Como xa dixen se buscades en internet a simple vista, aparecerá iso, máis se mirades máis a fondo, e se buscades vos, comenzaredes a ver grandes manifestacións de danza e grandes bailarinas que non son recoñecidas, e que seguramente ninguén do voso entorno coñeza, máis se preguntamos por elas en Madrid a moita xente posta no tema soaranlle.

Por exemplo,falemos dunha bailarina de danza contemporánea e danza clásica. É de Ferrol, non atoparemos ningún exemplo máis cercano.
Esta bailarina presentouse a un concurso chamado "Fama" emitido nunha cadena vista en toda España, e que seguramente vos soe a todos xa que foi un programa con moita repercusión nacional. A gañadora da segunda edición deste foi Sabela Adalid ; esta rapaza ferrolana.
Presentaronse miles de persoas de toda España,e incluso de toda Europa, e entre todos eles,unha galega gañou,ningun o cría,vaia. Isto amosa a pouca crenza no propio.
Este video foi grabado nunha actuación fai menos de 2 anos no teatro Colón :


 
 
 
Tivo ofertas de traballo por parte de moitas compañías, e aínda que actualmente da clases de danza nunha escola de Ferrol, tamén estivo ofertada a súa praza no Conservatorio profesional de danza da Deputación da coruña.

O director deste conservatorio é o chamado  Luciano Gómez Pérez , gran profesional desta disciplina.
Nacido en Fisterra, inicia a súa carrera en Bruselas con profesores como Carmen Roche ou Vitor Ullate, e máis adíante na prestixiosa escola "Mudra" dirixida por Maurice Béjart. Continúa desenvolvendo xa a súa carreira durante once anos en Estados Unidos interpretando papeles na danza clásica, neoclásica e contamporánea, en musicais coma " The Richmond Ballet", "Hartfor Ballet" , etc. E colaborou en diversas obras para o Palacio da Ópera.

Continuou a súa carrera volvendo a súa terra e agora traballa como director, onde está a conseguir grandes premios presentando alumnos a diversos concursos nacionais de Danza como os de Zaragoza, Torrelavega e A Coruña, obtendo en todos eles os primeiros premios.

Podería seguir a falar extensamente de grandes figuras danzantes de Galicia,de feito xa non quise facer  incapé na danza clásica porque estenderíame e isto convertiríase nun "mazacote", pero son innumerables as compañías e bailarinas profesionais boísimas que están a aparecer en Galicia nesta rama. Máis confío en que é cuestión de tempo que todas estas saían a luz e sexan recoñecidas como o que son,profesionais admiradas na súa terra propia.Quizás non só sexa culpa da poboación de a pé o seu poco coécemento de todas estas profesionais, senón tamén dos concellos e gobernantes galegos que promoven tan pouco este arte.

Tamén gustaríame tratar nesta entrada a danza vista dende unha perspectiva amateur con vistas de futuro, e isto non podo evitar facelo con certo enfado e ton de crítica persoal, xa que, se xa de por si en Galicia tendemos a non valorar o que temos e non saber aprecialo, coa danza isto crece máis , pois esta é unha das artes menos valoradas a nivel mundial, tendo moi pouca repercusión mediática e pouca importancia cultural se non se profundiza no tema.
Deixando un pouco de lado o profesional,creo que debedes saber que só na cidade de Ferrol,a cal é bastante pequena,e peca de poboación envellecida, hai unhas 8 escolas de danza, todas cheas de nenas dispostas a adicarse a isto nun futuro, a ser grandes bailarinas galegas, e as cales necesitan lugares para formarse profesionalmente.

É que naide está a darse conta da materia prima que temos aquí? Centos de persoas en Galicia e Ferrol adican máis de 5,8 e 10 horas á semana a bailar,a cultivar a cultura galega. Que alguen intente explicarme porque facemos ollos cegos a esta gran manifestación e porque non hai un conservatorio profesional de danza en Ferrol. Só en Galicia, hai 2, bastante demandados e coñecidos polo seu nivel na danza contemporánea.

O outro día entereime de que para xogar ao futbol, non hai que pagar nada, xa que é gratis e esta todo financiado polo propio clube. A diferencia dunha escola de danza, na que tes que pagar unha mensualidade polas clases ás que asistes, tes que pagar o material e os lugares nos que actúas, grazas ao maravilloso concelleiro de cultura o cal non cede ningún auditorio nin teatro para bailar, porque "a el gustalle máis a música". TODAS as escolas de danza en Ferrol son privadas,e isto é igual a que a xente que non teña cartos xa non pode nin bailar. Igual da que nacera para iso.

Sintome bastante doída por este rechazo ou canto menos pouca axuda hacia o propio,e hacia unha arte que require tantísimo esforzo para o pouco que se valora.



miércoles, 26 de noviembre de 2014

"Avóa, contame unha lenda"

 O outro día,decidín preguntarlle a miña avóa por algunha lenda da que se falase na súa escola ou coas súas amigas,máis ela dixome que sabía outra máis interesante,a cal escoitara en casa,en boca da súa visaboa,e esta era a procesión das Xás :

A Procesión das Xás, ou Procesión das Xans,  trata dunha procesión semellante á da Santa Compaña, pero que se diferencia de ésta en que non son as pantasmas dos mortos os que van nela, senón as pantasmas dos vivos.
Marchan en dous filas e levan un cadaleito. Canto máis cerca do cadaleito vaian os espíritus destas filas, máis rápido morreran. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos en morrer. 


O peor de todo non é isto, senón que quen atopara esta procesión,podía sentila,máis non vela,e deste modo non podía escapar,e unha vez que topaba con esta,volvíase visible. O encontro dábase case sempre nos cruces dos camiños, onde era costume deterse cos difuntos para que os sacerdotes botasen responsos (oración en honor aos mortos). 
 Se o que a atopaba era amigo dos que ían na procesión,o único que facíanlle era levalo polo aire a outra parte;máis se era enemigo,dábanlle una brutal paliza e o arrastraban polas silveiras e os toxos. 
 
Isto,aínda que non sexa tan coñecido agora como fai unos séculos,dise,que segue a existir.

Son poucas as persoas que hoxe en día ven a Procesión das Xás, pois para iso necesitase poseer unha de estas condicións: que o padriño de quen a ve, rezase mal o credo cando o bautizaron, ou ben que o sacerdote cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos del bautismo. Tal error podese remediar bautizándose de novo.

Segredo dos camiños galegos

Non sorprende a ninguén este apodo de Galicia misteriosa que estamos a tratar,xa que en Galicia escondense por todas parte segredos,castros antigos con centos de curiosidades..Galicia terra de meigas,que atopanse nos bosques e montes galegos.

Sobretodo atopamos todos estos misterios en camiños,perdidos,como o camiño secreto de Galicia.Camiños que na época romana díciase que levaban ata "O fin do mundo".
Asombroso é o que podemos atopar entre as silvas de estos camiños..Por estas rutan han pasado relixiosos e políticos,artistas e labregos,todo tipo de cargos,dende o comezo da historia ata o día de hoxe que seguen a pasar os máis afortunados.
Nas súas marxes crearonse:castros,templos,hospitais,vilas,fontes...e todas estas albergan miles de historias encantadas fascinantes.

Non podese negar que algo especial ten que ter cando é a dia de hoxe que miles de personas seguen perenigrando estes camiños dende todas partes do mundo,ata Santiago.Albérgase sen duda algun tipo de maxia para que tanta xente tan diferente veña ata aquí a pé.



Camiño cercano á  Lavacolla

                                                           
                                      Maxia sen ir máis lonxe nos albergues construídos para todos os que queiran pasar a noite nestes camiños,ou nos lugares que podes atopar mentras camiñas cara o destino que é a Catedral de Santiago.Algúns dos meus lugares máis especiais son A lavacolla,que é un río pequeno no cal cóntase que a xente do medievo e os antigos peregrinos viñan aquí para lavarse e purificarse antes de chegar ata Santiago,porque se non o seu camiño non valería para nada e terían que volver ata este punto para purificar a súa alma.E outro lugar que encántame é a Capela do Ciprés; unha pequena capela cun encanto especial a cal ten ao seu lado unha árbore milenaria, e que foi construída cando a árbore xa estaba aquí,por uns monxes a finais do século IX.

Fai un tempo lín nun libro sobre a historia galega a seguinte frase: "Os símbolos verdadeiros permanecen no tempo como soporte de realidades intanxibles, expresando ideas universales."
Creo que ten toda a razón do mundo,e é bonito ver como algunhas das ideas galegas que permanecen no tempo dan lugar a ideas universales,que coñecense en todo o mundo como é todo o relacionado a este camiño .



viernes, 14 de noviembre de 2014

Visita dos valuros

Estaba eu sentada aos pes da miña casa,era un día como outro calquera, e serían sobre as catro da tarde. Teño dous irmáns,mais eles non estaban neste momento, unha pena, pois desta tribu fálase moito no meu pobo, no meu pobo e en todos, e por iso eu sei que aos meus irmáns gustaríalles estar para velos aínda que só fose pasar por díante deles.

Vivo no norte da Terra Chá,e o meu pobo é moi tranquilo. Somos xente moi pacífica, e tamén quizás por eso nunca fomos atacados, máis os nosos veciños non parecense moito a nós, viven como unha tribo, que ocupa a maioía da Terra Chá. Non son pacíficos, son maxestuosos, misteriosos e hai que terlles moito respeto, pois todos teñen oficios perigrosos: son curandeiros, feiticeiros, usureiros, agoireiros e comerciantes do engano .
Bueno,ou polo menos iso é o que contan as tribus que veñen do sur e pasaron por ali antes de chegar ata a nosa zona.Tamén podería ser mentira, mais aquí toda a xente o cree. Miña nai tenlle moito medo a que estes veñan a atacarnos algún día. Eu sempre digo que canto máis lonxe mellor, pero que as cousas non hai que terlles medo, senón respecto. Estos temidos son os chamados valuros.

Pois ben, como ía dicindo ao principio...eu estaba sentada aos pés da miña casa, e empecei escoitar murmurio por todas partes, mais eu estaba cosendo nese momento e non percateime de que pasaba. Cando levantei á cabeza vin como toda xente meterase para dentro das súas casas, e uns 20 homes estaban a atravesar o corredoiro de entre os castros.

 En seguida souben que eran os valuros: eran homes altos, fortes, e tiñan una cor de pel case amarela. Levaban pinturas no peito,de símbolos, que a día de hoxe aínda non sei o que significaba, só sei que víaselles na mirada a maxia,o misterio e os centos de conxuros que deben de gardar nas súas mentes.
Á cabeza de todos eles ía un home,díante de todo, e levaba una especie de bolsa feita con peles, que tiña dentro una especie de pedras. Eu supoño que estas as usarían para os seus feitizos.

En canto vin a este home namoreime perdidamente del. De feito isto pasou fai máis ou menos 4 meses, e sigo pensando nel todos os días. Moita xente do pobo tras saber este sentimento por un valuro retiroume a palabra, miña nai chámame tola,pero a mín dame igual,só o vin os cinco minutos que cruzou o meu castro para seguir o seu camino,e dende a miña persepctiva,poido dicir que a visita dos valuros non foi para tanto como o pintaban outros extranxeiros.
Eso sí,eu añadiría a todo o dito sobre eles que son moi reservados,pois pasando por aquí non cruzaron unha palabra con ninguén,e ninguén dirixiulles nin unha mirada.Aínda que a mín actualmente gustaríame que houbese máis relación entre nós e os valuros.Mentres tanto sego esperando a unha nova visita destes e a ver ao meu amor.

viernes, 31 de octubre de 2014

Opinión Galega

Boas noites,ata agora lerades a miña opinión cunha pouca información sobre esta Galicia bonita e as catástrofes que están a suceder.
Esta vez fun un pouco máis alá,e fixen un vídeo coa visión de Galicia que ten xente galega,dende diferentes puntos de vista e idades,xa sexan 5,16 ou 60 anos,e tanto do que lles gusta como do que non.
Espero que vos guste,e sobretodo que vos incite a pensar,por vós mesmos.
Feliz ponte!!
 
 
 
 
 
 
 

viernes, 24 de octubre de 2014

E se chove que chova, pero non ácido

Boas blogueir@s,buscando un tema para a miña entrada,non sabía por cal decatarme,e mentras ía paseando pola rúa percateime de que estaba a chover,algo do que as veces xa nin me dou conta porque é do máis usual en Ferrol e ata pasa desapercibido para nós,pero..e se esa chuvia puidese ser nociva para nos e puidesemos chegar a enfermar,incluso morrer por isto?E se existise algo tan horrible como esta imaxe no noso mundo ?



Ben,deixemonos de suposicións porque isto é real e está a pasar,agora e aquí.

A causa deste pesadelo feito realidade é a chamada chuvia ácida que para quen non o saiba contén corrosivos como ácido sulfurico ou ácido nítrico,e cando cae encima de edificios,monumentos,da túa casa ou da escola..os corroe pouco a pouco ata acabar con eles,pero tamén,é o que é peor,cae encima de lagos,ríos e demais lugares que contamina,o que conleva a morte de moitos peixes e máis flora,que de abundante pasa a ser nula.A devastación a largo prazo nas lagoas por esta choiva é infame.Por non falar do incremento de enfermedades broncorespiratorias e do sistema nervioso que estannos a afectar a todos nos,que somos galegos.

Pero non creades que isto é causa dun poder divino,senón da acción humana e os seus productos contaminantes ,e sobretodo en Galicia,que é o lugar onde máis chuvia ácida hai de toda España.
A verdade, non me sorprende, somos terra de centrais,e para non variar aquí está a central de Endesa en As Pontes que(para explicarvolo de forma coloquial e de maneira que o entendades rápidamente) para crear enerxía necesita realizar un proceso químico que termina en botar fumes que conteñen elementos que engadense ao ciclo da chuvia, como o azufre e aquí créase a chuvia ácida,e é que só esta central emite o 16% do dióxido de azufre de toda España.Frente a isto, a nosa comunidade conta con 74 especies en perigro de extinción: 49 de fauna, 13 de aves,121 moi vulneradas...e ningún plan de presión contra a contaminación.

E todo isto é un claro problema da construcción masiva.Sei que non profundicei moito no tema e que quizás debería haber posto máis información pero desta vez puidome a indignación,e prefiro reflexionar sobre o gran destrozo que cada día un pouco máis estou a descubrir por todas partes,a meu redor,e de verdade,dóeme.

Así que,diganme señores constructores, cando acabese o aire puro..van respirar cartos?.Veredes,o que estes non entenden é que cando a contaminación fai vulnerable a toda Galicia,afecta aos ricos e aos pobres,e nin os cartos nin as súas monstruosas infraestructuras os van salvar da temprana chegada dunha contaminación aínda maior(que eles mesmos están a provocar),e cando queran facer algo,xa será tarde.
Para mín,DEP Galicia bonita.

miércoles, 15 de octubre de 2014

Unha Galicia con "malos fumes"

Dende fai uns días non poido evitar pensar en como verían os meus bisavós á miña idade o seu entorno.Se agora presumimos de Galicia verde como sinónimo de Galicia bonita...de aquela máis bonita aún,non?.Estou segura de que polo menos non verían centrais térmicas,e non respirarían contaminación.Pola contra,sorpresa,nos sí.
Estiven informandome sobre unha central que teño relativamente cerca,a uns 18 km,e da que ata fai pouco non tiña nin idea.Esta é a central de Meirama,na Coruña.Esta central térmica(que traballa a partir da combustión do carbón) é da empresa Gas Natural Fenosa,e por tanto pareceme curiosa a última campaña publicitaria desta empresa.O seu apelido galego cal é?Contaminación?
Quizás aínda non entendades por que digo isto,pero agora o vades entender,atendede:
Ben unha docena de xornais,unhas cantas páxinas webs e ata "Ecologistas en Acción" comunican: a central de Meirama atenta contra Galicia e é un dos principais focos de contaminación,que fai que todos os coruñeses leven ao seu corpo partículas de por exemplo ozono ou dióxido de azufre.
Esta central térmica é da clase de centrais que máis emiten dióxido de carbono (CO2),o cal é o principal gas causante do cambio climático,un problema do que Galicia verde tampouco se libra.Se isto sónavos lexano ou parécevos un tema no que non tedes nada que ver,sabede que as emisións anuais de CO2 por habitante de Galicia son 10,2,cada un de vos.
Como sempre,e esta non iba ser distinta,facemos todo pero non para nós:esta central térmica exporta unha gran parte da súa producción ao resto da península, polo que estamos vendendo emisións de Co2 dentro e fóra de Galicia,como quen:Tranquilos,que hai contaminación para todos!!.E para colmo,non creades que todos estes esforzos de ensuciar o noso aire de fume negro están sendo rentables,porque Meirama consume en forma de carbón 3 veces máis de enerxía da que obteñen en forma de electricidade.
Estou desexando que os altos cargos de Galicia percatense de que aquí son innecesarias as centrais térmicas de carbón para atender o consumo eléctrico galego,bastámonos das enerxías renovables(como os eólicos).Pois ben,se realmente queremos una Galicia sana e sostible,eu entendo que necesitemos cartos e que esta central os proporcione,pero vexo excesivo superar os límites legais da contaminación do aire con 2 puntos por encima do marcado pola OMS(Organización Mundial da Saúde).Pero é que non é só a utilización do carbón,senón a descarga e o transporte deste que tamén degradan o entorno,pero nada,todo segue igual,ningúen fai nada,e non será por falta de información.
Concluo,meus bisavós respiraban aire puro,e eu non,¿e a isto chamaselle evolución?

viernes, 10 de octubre de 2014

Escravos dos cartos das hidroeléctricas



Bos días,levo un tempo investigando e fai pouco percateime de que sen darnos conta en Galicia temos o negocio do siglo.Non o creeredes xa que de todos estos beneficios nós non vemos “nin un duro” pero sí,Galicia bonita está repleta de centrales hidroeléctricas que gañan só por destrozar e acabar  cos nosos ríos ata 1000 millóns de euros anuais.Estas empresas argumentan ao seu favor que a súa enerxia alternativa non contamina o aire,e deixa en Galicia uns 10 ou 20 millóns de euros ao ano,por utilizar o noso auga,sí,pero:A qué prezo?.
Galicia sofre una sobreexplotación nos seus cauces que veñen de décadas atrás,dende a primeira central hidroeléctrica,que construíuse a finais do século XIX no Río Umia,e polo cal xa houbo continuas protestas en contra.Non temos que irnos a máis de 100 km para ver un claro caso de destrozo dos nosos ríos por estas centrais.O río Ulla,que parte Galicia a metade,é cercano a Santiago de Compostela,e é moi coñecido pola  súa situación xa que atopase rodeado de vexetación,dun verde precioso,pero a beleza do seu tramo so é a mascara do que en realidade atopamos se miramos un pouco máis alá: as notables contaminacións de productos químicos de estas augas,a cantidade de peces mortos nas beiras do río...,"Vimos a traballadores do concello recollendo peces mortos no río,levaban xa 5 bolsas ben grandes e cheas"declaran algúns veciños de Antas de Ulla fartos xa da debastadora central.Este é só un exemplo de río contaminado e sobreexplotado como hai moitos en Galicia;o río Deva en Ourense,foi afundido totalmente por unha central hidroelectrica,debaixo do seu encoro só atopamos morte,morte do verde,da flora e fauna,das xa 1500 especies extenguidas por uns poucos de cartos.
Vos invito a reflexionar..a quen interesalle ter encoros en vez de grandes ríos?quen prefire pasear por pontes de hormigón,que por un río en canoa?Eu estou segura de que non os galegos,non os que pensen coa cabeza,en vez de coa carteira.Non sei estimar canto tempo seguirán tendo éxito estas empresas en Galiza,(que xa son 147),quizás ata que rematen coa agua de todos os nosos ríos,ou ata que maten a todas as especies únicas galegas,como xa algunas das centrais han rematado co 60%.Das 147 centrais hidroelectricas galegas só 14(das que 7 pertencen á central Fenosa)finalizarán o seu traballo antes do 2020,o resto seguirán en funcionamento,e algunas incluso ata o 2060,como son o encoro de Santa Uxía,ou Santo Estevo,ata o 2064.Para concluír,deixovos dúas imaxes para que poidades comparar ambos ríos galegos:un río natural(Ulla) e outro deteriorado por un encoro.





jueves, 2 de octubre de 2014

Benvidos todos!!

Teño moitas ganas de comezar a escribir,espero que este blog pronto nos amose cousas moi interesantes sobre o mundo Galego.Saúdos