miércoles, 28 de enero de 2015

Viuva dun Irmandiño

Ben lle dixen que non fora,que quedase na casa conmigo e mais os nosos fillos.
Pero soaron as campás. El mirou cara o solo, apenado, e de supeto ergeu a cabeza collendo a foz de en riba da mesa da cociña, deume un bico e susurrou intentando mostrar valentía "Teño que ir María, polo futuro deles".O dixo sinalando aos nenos que nese momento dormían a sesta sobre a cama feita de palla.Eu mireinos,escoitei a porta abrirse e ao momento pecharse, e esa foi a última vez que vin ao meu marido.

Entendanme señores, non e que non quixera millores condicións de traballo,e xa non para mi que levaba toda a vida sometida aos señores, senón para os meus fillos. Claro que quería ter propiedade sobre as miñas terras, e ter algo que me pertencese, e por suposto que non veía xusta a repartición da producción das terras.Claro que veía estúpido traballalas de sol a sol para logo ter que entregarlle todo aos poderosos e non ter apenas comida que levarme a boca nin para alimentar aos meus nenos. Levantarme cada día ás 6 da mañá preguntándome que iba a quedarlles aos meus fillos cando eu morrera, ou cando ía terminar todo sito.Vivir esperando a que algo cambiase.

Mais ainda que isto non me gustase e soubese que algo habia que facer,tampoco querría que o meu home loitase.
Xa a noite anterior o comentaramos e eu non estaba moi convencida."non vaime pasar nada Mariña,se xa sabes que aquí en vilachá non vai acontecer o realmente gordo do asunto,que non somos un pobo grande. É so para facer algo de ruido.Ou iso dixome Pedro o dos coitelos".
Non creades que estaba moi convencida mais cómo xa sabedes el foi cara a praza coa súa foz, e escoitou todo o que o cura tiña que decirlles sobre o plan.Seria una revolta que cambiaría todo tal como era coñecido,e apodarianse como os Irmandiños. Ás horas unha veciña viu a dicir que os nosos homes acababan de derribar o castelo da Rocha Forte e que volverían pasado ese día!!!Ahí si que alegreime de verdade de habelo deixado ir.Íbamos conseguir acabar con seculos de señoríos e de feudos escuros.
Máis...pasaban semanas e semanas e non volvían mais que novas de que outros pobos galegos rebelaranse contra os seus donos,e xa habianse derrumbado 120 castelos e igrexas en toda Galicia.
Ata un día,que chegaron noticias de que de camiño a casa,os homes de vilachá habían sido atacados por uns rebeldes, ou soldados baixo as ordes do arzobispo de Santiago.
Iso da igual, o caso e que tras meses de espera, as loitas, mortes e demais non serviran para nada pois, cando reprimiron todas as revoltas por toda Galicia os homes que sobreviviran tiveron que deixar as suas hortas para adicarse a reconstruir os castelos que antes derribaran.
En canto a miña familia,eu quedei na mesma situación de represión,con duas bocas que alimentar e sen marido.Ainda que despois desta revolución,sei con certeza,ou polo menos espero,que isto non quedará así,que haberá máis revoltas e que conseguirán cambiar todo o mal que eu,lamentablemente, tiven que
vivir.

domingo, 25 de enero de 2015

Manel Cráneo

Aproveitando que o outro día na clase, o noso profesor Manolo falounos do debuxante Manel Craneo, eu quixen saber algo máis del, xa que non estendeuse sobre os seus traballos pola falta de tempo e quedei coas ganas de saber máis. Atopei unha páxina moi útil na cal dan unha ampla información sobre moitísimos debuxantes galegos.
Pois ben, informandome sobre este magnifico debuxante entereime  de moitos dos traballos que tera feitos dende os änos 90, creando moitos fanzines ou participando en moitas revistas de prestixio galego, máis houbo un dos seus traballos o cal fascinoume e é que Manuel Cráneo foi un dos principais promotores do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige no cal movilizou a ducias de ilustradores e debuxantes  coma el.
Moitos de vos non saberedes de que trata este proxecto, pois cando sucedeu no 2003 nos eramos ben cativos, máis para min isto foi un referente. Estos 66 ilustradores fixeron un álbum de viñetas sobre o tema, decatandose por un lenguaxe simple e innovador.Simple como para que unha nena de 6 anos coma era eu,entendese que era o que estaba a pasar grazas a alguns destes debuxos os cales meus pais ensinabanme.Ista foi, para mín, unha das ferramentas máis útiles en canto a cultura do momento, non só por ser magnificas ilustración, nin por chegar a persoas de todas as idades e facerlles entender e sentir o que estaba a acontecer senón por doar todo o recaudado coa sua obra H2 Oil a Adega.

Despois de saber que o artifice de facerme entender o que pasara nese 2003 do nunca máis fora Manel Cráneo, comenteino co meu primo, que levame uns 5 anos e desta o que quedou sorprendido foi él,cun "o que non creo é que só o coñezas diso, Gabriela" (é pertinente dicir que o meu primo é un amante dos cómics)  e de feito contoume datos como que Manel fora o presidente da Asociacion Galega de Profesionais da Ilustración(AGPI), ou que él foi o responsabel do storyboard do filme "O lapis do carpinteiro" entre outros."Este home dalle a todo" pensei para mín, ao enterarme que tamén fixera os seus traballiños no mundo da publicidade.
Conscente de que sen decatarme coñecia xa dúas das súas publicacións (H2 Oil e Os lobos de Moeche) quixen ver unha lista de todas, pois ao mellor coñecía algunha máis sen eu sabelo. Desta vez,non foi así pero aínda quedeime abraiada ao ver que ten algo máis de 24 publicacións,que en 15 anos non son poucas.
Actualmente está a traballar  no proxecto dunha revista dixital de carácter satírico chamada o Botafumeiro, a cal leva a funcionar dende Outubro do ano pasado.

En canto a premios non podemos dicir que gañase una ducia deles, máis foi galardoado moitas veces en certames galegos,chegando a gañar un terceiro e carto posto na  primeira categoría no 2003, e incluso pola recreacion da vida de García lorca nunha convención de Granada.
A súa formación centralizouse na escola de deseño Pablo Picasso da Coruña.durante 5 anos, e despois fixo algúns ciclos para formación persoal aínda que á vez traballaba posto que dende o minuto 0 Manel Cráneo foi un emprendedor, o cal comezou coa súa obra coa temática sobre A terra dos mouros.Aquí deixovos un vídeo da presentación doutras das súas obras :


viernes, 2 de enero de 2015

Cultura do viño en Galicia

O viño: para alguns, unha bebida, un acompañamento para algunha comida, ou un alcohol como outro calqueira. Máis o viño é un alimento moi antigo,que bebese dende o comezo da historia,e que ten unha cultura extensísima.
Meu pai sempre di que arredor dunha copa de viño podense dar todas as conversacións do mundo.A xente que teña unha pouquiña de idea pensará que a cultura do viño español atopase case toda na Rioxa,e aínda que non van do todo desencamiñados (pois aquí hai centos de bodegas boísimas a nivel mundial e o mellor museo da cultura do viño do mundo) hoxe estamos a falar desta cultura desenvolvida en Galicia,que non é pouca,por tanto comezarei a contarvos.

O mellor museo da cultura de viño,atopase en Briones, da bodega Dinastía Vivanco,e aínda que este non sexa galego interesaravos saber que esta fielmente enlazado con Ferrol. En Galicia vendense arredor de 300.000 caixas anuais deste viño,( o cal participa extensamente en Fevino ) o que non sería posibel sen unha gran cultura detras de xente que consume este producto.Pero este compromiso vai máis alá.

Todos os anos dende fai 5, celebrase en Ferrol, Fevino; a maior feira da cultura do viño a nivel galego, e con certo prestixio a nivel nacional, á cal acuden sobre 200 bodegas, enólogos, narices, sumillers,etc  na que os amantes do viño e demáis interesados do mundo enolóxico poden disfrutar durante unha fin de semana de catas, conferencias e stands.
O responsable da organización de Fevino, Fernando Yáñez, asegurou que  Ferrol será a capital española do viño,co titular "Ferrol,casa onde conflue a cultura nacional do viño". O pasado 2013 por primeira vez acude  o Consello Regulador da Rioxa con máis de 40 bodegas, ademáis dos cinco das denominacions de orixen galegas.
Aínda que a última edición desta feira vai máis dirixida a un ambiente profesional, e cara ós que "se manexan" un pouco no asunto.
Para os que non saben, máis queren aprender e disfrutar nunhas vacacións,esta terra trae consigo "Galicia, unha experiencia enoturística" ; xa é moita a xente que visita Galicia coa intención de pasar uns días visitando as denominacións de orixe galegas: Rías Biaxas, Riveira Sacra, Monterrei,O Ribeiro e Valdeorras,lugares onde o arte e a cultura xuntanse no viño, e onde podese visitar as bodegas,dende as máis vangardistas,ata as máis tradicionais e señoriales( en algunhas delas hospedarse),e pasear polos viñedos galegos, os cales están repartidos por toda Galicia. Turgalicia ofrece paquetes de viaxes ata aquí que incluen rutas de viños, e a inmersión en castros, nos cales xa se bebía o viño, dando unhas charlas sobre a historia do viño en Galicia, pasando polos romanos e chegando ata hoxe en día.

Se con toda esta información non vos chega, só fai falta ter ollos para poder ver que o centro de Ferrol está practicamente morto máis o único que o aviva é a cultura do viño,e a xente que baixa as rúas do centro(Rúa Magdalena,o Callao,...) a tomar os viños, acompañados pola gastronomía espectacular dos caseríos ou bares de tapeo da zona.
Espero que toda esta información axude a alguén a aprender que o viño é moito máis cunha simple bebida, e que a pesar de estar en crisis, este sector é o que nunca morre, e segue a ter un gran protagonismo na nosa cidade( moitas familias viven del ).
Tamén, como non,falar,aínda que máis brevemente, sobre a relación que garda o arte co viño,dende as esculturas do deus Baco,(deus do viño) ata a idade contemporánea,na cal multiplicanse os cadros con motivos enolóxicos.
No 2008 fixose no restaurante galego Camiño da Serpe (o cal ten una estrela michelín) a primeira subasta galega de viños e arte enolóxico, como por exemplo pezas de Sargadelos do siglo XIX, pinturas de diversos artistas e pezas curiosas como un vinoscopio,un pesa taninos,descorchadores diversos, un moble bar, sifones, etc.
 Os propietarios, Xoán y Xosé Cannas (Nariz de Oro 2004), pretenderon con este acto sobresair da restauración tradicional e ser algo máis que un restaurante, unindo nun mesmo local a arquitectura contemporánea,a enoloxía e a cultura.

Unha vez máis Galicia non se queda corta na cultura, e non deixa de sorprendernos, esta vez, cunha botella de viño na man.