domingo, 25 de enero de 2015

Manel Cráneo

Aproveitando que o outro día na clase, o noso profesor Manolo falounos do debuxante Manel Craneo, eu quixen saber algo máis del, xa que non estendeuse sobre os seus traballos pola falta de tempo e quedei coas ganas de saber máis. Atopei unha páxina moi útil na cal dan unha ampla información sobre moitísimos debuxantes galegos.
Pois ben, informandome sobre este magnifico debuxante entereime  de moitos dos traballos que tera feitos dende os änos 90, creando moitos fanzines ou participando en moitas revistas de prestixio galego, máis houbo un dos seus traballos o cal fascinoume e é que Manuel Cráneo foi un dos principais promotores do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige no cal movilizou a ducias de ilustradores e debuxantes  coma el.
Moitos de vos non saberedes de que trata este proxecto, pois cando sucedeu no 2003 nos eramos ben cativos, máis para min isto foi un referente. Estos 66 ilustradores fixeron un álbum de viñetas sobre o tema, decatandose por un lenguaxe simple e innovador.Simple como para que unha nena de 6 anos coma era eu,entendese que era o que estaba a pasar grazas a alguns destes debuxos os cales meus pais ensinabanme.Ista foi, para mín, unha das ferramentas máis útiles en canto a cultura do momento, non só por ser magnificas ilustración, nin por chegar a persoas de todas as idades e facerlles entender e sentir o que estaba a acontecer senón por doar todo o recaudado coa sua obra H2 Oil a Adega.

Despois de saber que o artifice de facerme entender o que pasara nese 2003 do nunca máis fora Manel Cráneo, comenteino co meu primo, que levame uns 5 anos e desta o que quedou sorprendido foi él,cun "o que non creo é que só o coñezas diso, Gabriela" (é pertinente dicir que o meu primo é un amante dos cómics)  e de feito contoume datos como que Manel fora o presidente da Asociacion Galega de Profesionais da Ilustración(AGPI), ou que él foi o responsabel do storyboard do filme "O lapis do carpinteiro" entre outros."Este home dalle a todo" pensei para mín, ao enterarme que tamén fixera os seus traballiños no mundo da publicidade.
Conscente de que sen decatarme coñecia xa dúas das súas publicacións (H2 Oil e Os lobos de Moeche) quixen ver unha lista de todas, pois ao mellor coñecía algunha máis sen eu sabelo. Desta vez,non foi así pero aínda quedeime abraiada ao ver que ten algo máis de 24 publicacións,que en 15 anos non son poucas.
Actualmente está a traballar  no proxecto dunha revista dixital de carácter satírico chamada o Botafumeiro, a cal leva a funcionar dende Outubro do ano pasado.

En canto a premios non podemos dicir que gañase una ducia deles, máis foi galardoado moitas veces en certames galegos,chegando a gañar un terceiro e carto posto na  primeira categoría no 2003, e incluso pola recreacion da vida de García lorca nunha convención de Granada.
A súa formación centralizouse na escola de deseño Pablo Picasso da Coruña.durante 5 anos, e despois fixo algúns ciclos para formación persoal aínda que á vez traballaba posto que dende o minuto 0 Manel Cráneo foi un emprendedor, o cal comezou coa súa obra coa temática sobre A terra dos mouros.Aquí deixovos un vídeo da presentación doutras das súas obras :


No hay comentarios:

Publicar un comentario