miércoles, 25 de febrero de 2015

Sobrevoando

O outro dia estaba apoiada nunha roca.Debia ser Domingo ás tres da tarde.Normalmente a esas horas non soe haber ninguen na praia,so algun vello mariñeiro nostalxico, ou unha parella que vai pasear despois de comer.Mais este dia era distinto,estaba todo cheo de xente con moitos traxes brancos,incluso barcos brancos tamén,alguns mais grandes,outros mais pequenos,parecidos aos que vexo cando estou voando polas mañás a uns km. da area.Todos estos traxes brancos vianse case asulagados por unha especie de pintura negra,que non poderia dicirvos o que era, pero non debía ser nada bo pois todos estos buzos brancos estaban recollendoa con grandes bolsas,cubos e calqueira cousa que sirvese para axudar a que algo,por moi pouco que fose desaparecese.

Mentras estaba nesa roca oín a uns mariñeros que estaban preto de mi, falar sobre un tal Gobernante o cal dicía que este liquido negro que manchaba todo o mar ata uns cantos km afastados da praia, era ao parecer como uns hilillos de plastilina.Vaia por deus!! daquela rin por dentro.Ese Gobernante,aínda que non o coñezo,debe de ser moi burro,pois ainda que ao mellor non sexa mal tipo,todo o mundo vendo isto pode intuir que nada bo trae consigo.. eu seino pola morte de familiares mias que estaban pescando algun peixe cando este liquido as colleu e xa non puideron remontar o voó, afundironse no auga manchada e non volveron sair.Xa non me quero imaxinar os miles de peixes que tiveron que morrer, pois a eses pillounos no auga. Poderian ser unas 22.000 mortes? estimando mais ou menos eh..que eu tampouco vos creades que sei disto.
PERO volvendo ao tema do Gobernante este, eu o convido a que veña conmigo a sobrevoar o mar, como eu estou acostumado a facer, e que vexa dende aqui arriba como esta todo.Podes voar unhas horas ata deixar e ver isto.É increible,ocupa kilomeros e kilometros.Nunca xamais vira nada así, de feito é do que se fala agora nas viaxes das bandadas de paxaros.Pero e que por favor,que intente enganar dicindolle iso aos humanos ainda vale,porque eles so o ven dende as praias e todos sabemos que a sua vista non alcanza moito,pero as gaivotas?! non bonitiño non, iso o creerás ti porque nos ben vemos a desastre que hai nas nosas praias.

Menos mal que a parte do personaxe ese tamén está toda a xente da que vos falei con anterioridade, que está a xudar a quitar isto cante antes, e menos mal, porque se eu vos contara.. teño visto xa dun par de días a aqui, miles de cangrexos que intentar salvarse, aínda que eles non se ven, pero xa están manchados ata os bigotes da cousa negra esta, polo tanto a sua intoxicacion sera inminente e moreran nunhas horiñas. Creedeme que nestes momentos de crise danme moita pena todas esas especies que non poden voar, nin escapar e que ao final son as unicas que realmente van morrer e sufrir de verdade por esta catastrofe.Mais iso é un feito, ninguen pode salvalas, so comezara a rexurdir a vida cando remate esta suciedade, e cando o mar volva a ter a cor azul e area sexa branca ou como moito marrón.
Non creades que estou a ser unha esaxerada, pois tamén escoitei a rapazas con acento madrileño pola zona de Ferrol dicir "eu non vin nada, pero meus pais dixeron que iso non é para tanto,que a xente é unha esaxerada".Pois non querida, estás moi equivocada e os teus pais teñen a culpa.Podese chamar esaxerada a unha persoa que é subxetiva, pero eu, como gaivota obxetiva, digovos que só conto o que vin, e que só pido que oxalá isto non pase NUNCA MÁIS.

Imaxes que falan por si mesmas

Decidín escoller esta imaxe de Virxilio para representar a Galicia labrega que tivo que estar sometida a pésimas situacions de traballo pola conta que lles traía ou por poder ter algo do que vivir.Refirome con isto aos privilexios señoriais, así como ao diezmo e moitisimas inxustizas mais que tomaronse contra os non privilexiados grazas en gran parte ao feudalismo.

Din que unha imaxe vale mais que mil palabras.A verdade e que eu creo que vale moito mais.Nin con duas mil palabras eu poderia facer sentir o que trasmite esta fotografía.
Cada vez que a veo sinto a dor,e o esforzo que esas mulleres tiveron que realizar durante toda a sua vida,mulleres que van de loito porque perderon aos seus maridos.Unha chamase Maruxa,ten catro fillos e unha nai que coidar,o seu home foise en 1458 cara a Asturias,e morreu na viaxe xunto co marido da outra muller que sae na fotografía chamada Xela,a cal tiña 4 fillas. Estos dous homes escaparon das horribles condicións de vida que tiñan debido aos señores feudais xusto antes de que estalase a revolta dos Irmandiños.Esta foto seria de 1470, na que aparecen Maruxa e Xela traballando as terras que teñen arrendadas polo nobre Figueroa, o cal baixou os beneficios que estas mulleres recibían despois de que o seu castelo fose derribado polos Irmandiños da sua aldea.
Ainda así estas duas mulleres foros das afortunadas as que non violaron o exercito dos nobres nin mataron aos seus fillos.
Realmente hai unha duda que sempre me enche cando vexo esta imaxe: Terán esa cara por que lles está dando o sol na cara ao traballar no campo,ou terán esa cara porque están en verdade de mal humor polo trato que reciben e pola situación na que viven?.
Ainda que pareza que estas duas mulleres son iguais xa que pasaron polas mesmas situacions de vida, equivocamonos. 
Xela é unha muller rebelde, enfadada co seu home por ser tan cobarde de escapar á revolta Irmandiña cara outra zoa de España na que o irmaniños non fosen atacar, e por non dar a cara polo seu pobo.Ela mesma quixera ir a loitar e derrocar os castelos e igrexas de galicia.É unha muller totalmente conscente de que a culpa da situación que ela vive e probablemente vivirán os seus fillos o dos señores feudais. 
Sen embargo, Maruxa é contraria aos Irmandiños e botalle a culpa ás suas estúpidas revoltas do trato que os boísimos e inocentes nobres danlle a toda a poboacion.Ten claro que o seu marido fixo ben en escapar cando puido.

Non teño mais que leer o que presenta a fotografía para poder imaxinar cómo era a situación da época e desas mulleres no que había todo tipo de xente. Oxala realmente existise a cámara nestos anos e puidesemos ter fotos desta gran revolta que foi unha das mais importantes de seculo XV,mais non foi así,esta foto é de Virxilio Vieitez e é do 1954.Que ben esta deixar voar a imaxinacion un ratiño.