sábado, 25 de abril de 2015

Castelán por necesidade

Moitas veces falamos da globalización, como un feito que mais ben afecta á economía, ao mercado ou aos movementos migratorios, mais tamen como proceso globalizador que poderia afectar á nosa lingua, o galego.
Hai moitos debates abertos sobre que poderia chegar a provocar a desaparición da nosa lingua, e a maioria dos expertos acabanlle botando a culpa a este proceso cada vez mais grande de globalización. Pero na miña distopia non, na miña distopia non vai ser este o detonante da extinción da nosa lingua.

Dubido que eu sexa a única persoa que cando ve no telediario aos yihadistas matando xente e promulgando que van volver conquistar Alandalus,sinta un certo reparo e pense "Pero e que naide vai facer nada?" e en efecto, non, os países "desenvolvidos" parecen xirarlle a cara a este problema e non van facer absolutamente nada. Deixar que se maten entre eles.

Ao final, xa é tarde e nin todo o exército consigue parar aos terroristas que aparecerán en fortes bandas en Ceuta e Melilla e conquistarán estas duas ciudades.
Falamos de conquistar como si no seculo XV estiveramos pero en realidad estamos a falar do 2023.
Non creades que esta conquista fará que os países europeos reaccionen nin intenten detelo.
España comeza a mosquearse e intenta parar estes ataques cada vez mais cercanos, pero cando se quere dar conta xa hai centos de grupos de captación estendidos polo sur de España e a parte central de meseta.
No telediario seguen a saír os videos divulgados pola propia yihad, que un pobre traballador da televisión traducirá mentras tembla ao oírlles dicir "Non queda nada.A conquista central achegase.O renacer de Alandalus." O medo sintese xa en todas as cidades.
Hai unha situación de pánico constante. A inestabilidade da poboacion é insostible. Cada vez son máis as noticias; consiguese deter a dous terroristas que pretendían atacar en Madrid. Outras noticias non son tan boas  e publicanse as mortes de ducias de persoas por unha bomba no metro, no teatro... Cada vez mais.O goberno di que todo está ben.

De repente, ano 2028,sen saber como,  todas as cidades están tomadas por yihadistas que disparan a destro e sinestro polas rúas.Unha verdadeira guerra estase a vivir en España,e as forzas aéreas do exercito dos estado comezan a atacar polo aire. A xente comeza a escapar das suas casas,a onde poidan. Isto é unha verdadeira locura.

Mais eles avisaron,ian conquistar Alandalus, e así o fixeron, recuperaron todo o seu antiguo territorio menos esa puntiña afastada do mundo, Galicia.
De repente a nosa comunidade encheuse de xente de todos os lugares de España que quería entrar nas nosas terras para salvarse; sobrecarga da poboación en Galicia, ese sitio tan despoboado, que de repente estaba repleto de castelans, catalans, estremeños e  incluso andaluces que conseguiron atravesar a península de sur a norte nunha situación que asemellaba a da un capítulo de Breaking Bad.

Polo tanto,como consecuencia desta variedade de xente, provocada pola súa fuxida dunha guerra case esperada, o galego deixou de falarse. Mais non un ano ou dous, senón xeracións e xeracións enteiras de rapaces, de forma que se quedaban alguns vellos que falaban esa lingua natal, e que ao fácil acabaron por morrer. A partir de ahí os nenos aprendían a falar castelan con acento catalán,gallego en andaluz misturado.
A guerra durou 5 anos, pero a situación de destrozo das cidades durou polo menos 20 ; o que tardaron en reparar minimamente cada unha delas.
No ano 2048 a xente comezou a marchar da Galicia, mais moitas familias estaban xa tan asentadas que quedaron, e polo tanto Galicia consolidouse  cómo lugar no que a poboacion falaba castelan.
Se vos preguntades quen gañou a guerra podo dicirvos que unha guerra non a gaña naide, todos perden, ainda que uns, máis que outros.

sábado, 18 de abril de 2015

Fuxindo de casa

Todos fuximos de casa algunha vez. Alguns escapariades para ir a festa sen que vosos pais se enterasen, outros escaparían por unha discusión coa súa familia, máis estou segura que nunca ninguén de vos escapou da súa casa, do seu pobo,da súa provincia, e marchou co posto a outra punta do país, e sobretodo, en contra da súa vontade.
Aínda que pareza increíble, isto que acabo de dicir estivo de moda no noso país, como agora pode estalo unha chaqueta de Zara. De cada 3 familias, 2 tiñan que fuxir da noite á maña da súa casa para non ser encarcelados ou paseados.Deixando todo o que tiñan, o que habían conseguido xa os seus ais, ou eles con anos de traballo.Todo dun día para outro tirado polo chan para salvar a súa vida, simplemente por unha ideoloxía.E meu visabó Carlos Fernández Álvarez foi deses.

Él tiña 12 anos cando a Guerra Civil estaba en pleno auxe, e vivía en Asturias, Oviedo. A súa familia non era pobre, senón que dispoñía dunha mansión cuns 3 ou 4 criados , e vivían nun clima de felicidade no cal reinaba a República. Toda a súa familia incluído meu visabó,era republicana.
Meu tataravó, o que encabezaba esta familia, vindo o que viña encima cando estalou a Guerra Civil dixolles a todos que o mellor era escapar, pois senón auguraballes un futuro moi incerto, máis toda a miña familia decidiu quedar un tempo, e incluso os homes da familia( meu visabó e seus irmáns) loitaron nas primeiras guerrillas contra alguns civís do franquismo. Pero todo deu un xiro cando en Novembro do 1938 meu tatarovó que xa non estaba para loitar pola República foi atacado cando saíu do banco, por uns militares que lle mandaron identificarse e el dixo "Viva la republica!". Inmediatamente un tiro atravesou a súa cabeza, a e morreu.
Foi entonces cando miña tataravoa decidiu facer caso ao que seu marido xa había dito fai moito temo e ela soíña a seguinte semana meteu a todos os seus fillos no primeiro barco que atopou no porto e marchou a donde este os levara.E así, acabaron en Ferrol.

Aquí meu visabó Carlos, aconsellado pola súa nai para evitar mais disgustos, mandoulle meterse no exército, e asi este conseguiu traballo, a alguns aforros. A vez que a súa situaciónn económica mellorou coñeceu a muller da súa vida, Jacinta que acabou en Ferrol aínda que fose de La Peraleja , un pobo de Cuenca onde simplemente non habia traballo.Esta muller foise soa para non darlle mais probelmas aos seus pais xa maiores, e abandoou Cuenca para ir a Madrid a coidar nenos ou cociñar en casas , e así compartindo casa con outras 8 mulleres conseguiu ir sobrevivindo , ata que apareceu por Madrid, Carlos Fernández que había sido trasladado uns meses para facer cousas en oficinas ( pois meu visabó sabia destas cousas xa que en Oviedo traballaba axudando ao seu pai, que traballaba nun banco.) Asi, coñeceronse Jacinta e Carlos, e namoraronse de tal forma que Carlos cando tiña que volver a Ferrol pediulle a Jacinta que fose con el. Esta non o dudou, e marcharon os dous a Ferrol, onde criaron a súa familia, de sangue republicana, e fachada militar franquista. Unha gran mostra dunha familia humilde que so quería sobrevivir, como tantas nesta época.
(nesta imaxe vemos a Jacinta a esquerda, e a Carlos co seu fillo máis pequeno en brazos. Miña avoa está centralizando a imaxe,cunha diadema).





Jacinta Vicente (cuenca)

De aquí para alá

"Certo é que non somos de aquí,máis todos acabamos no mesmo lugar".Miña avoa coma sempre moi acertada.
Estiven todas estas semanas mirando como facer para poder falar da miña familia de fora de Galicia, pois aínda que a nativa encantame e dediqueille as dúas entradas anteriores eu quería que toda a miña familia formase parte da miña familia.Comenteino coa miña avoa Paloma Fernández, que dixome que aínda que non fosen de Ferrol todos acabaran aquí.Esta pequena cidade  perdida da mano de Deus foi o seu punto de fuga.

Pode parecer extraño, que Ferrol, a cidade pantasma da que todo o mundo quere fuxir pola súa apariencia de cidade morta, fose no 6 de Xuño de 1965 unha cidade esplendorosa, na que, meu avó Regino Molina Cordero , recorda como feito máis sorprendente que por todo o Callao daquela podíanse ver grandes tranvías pasar continuamente. Calquera o diría coa liña de autobuses que hai agora, que podemos coller un cada 2 horas. 

Meu avó é de Estremadura, dun pequeno pobo de Badajoz, máis alí na súa infancia había moita pobreza.El naceu en 1945 polo que non viviu a Guerra Civil, pero aínda que non,  ser dunha familia pobre e cun rexime franquista non era fácil. 
El era o pequeno de 4 irmáns, e recorda axudar moito a súa nai Rosa Cordero Martínez(morreu de vella, unha sorte nesa época) en facer as comidas, xa que con poucos recursos cocinar para 6 persoas fácil non era. Grazas a isto, é no día de hoxe que meu avo fai estas comidas para toda a familia nos Sábados que nos reunimos .
Polo que a familia Molina Cordero ía sobrevivindo como podía, ata que decidiu alistarse no exército, pois no seu pobo moita xente había estado uns anos traballando na plataforma de Cádiz e mandaban cartas dicindo que estaban moi ben moi felices e que estaban desexando que máis xente poidese disfrutar desa maravilla.Dunha españa grande e libre.
Meu avó concienciado disto alistouse e en tan só dos anos xa estaba destinado a unha base do exército,máis aínda que pediu como destino Cádiz tocoulle Ferrol, que naquela época era un gran punto de exército,polo ue viu para aquí,con 20 anos.

Aqui atopouse coa miña avoa que venia directa de Madrid, filla de dous pais republicanos que habian tido que escapar e que acabaran tamén aquí, na boca do lobo, aínda que auí comezaron unha vida nova.
Aqui atoparonse meu avó e miña avoa, e casaron cando miña avoa tiña 16 anos, e meu avo 20, no 1965, xusto no ano que se coñeceron.
Dende aquela duraron ata a nosa actualidade, aínda que foi unha relación dificil porque meu avó estivo destinado en lugares como Estados Unidos ou Cadiz , maís con todo , saíronlle dúas fillas guapísimas entre elas miña nai Zinnia Molina Fernández.
Presentada queda unha gran parella a distancia,que paseou de aquí para alá,ata quedar en Ferrol.



viernes, 10 de abril de 2015

A campeona Milita

Sei que esta entrada xa de comenzo non parecerá atractiva pois non ten nada multimedia, pero vin unha caixa enteira de fotos e cartas dos meus avos e visabos, e ninguna pareceume que dixese tanto como as palabras da miña avoa, e o comprobaredes se mirades máis ao fondo da simple fachada e vos poñedes a leer; veredes que nesta entrada vouvos presentar a miña campeona, e miña avoa á vez : Emilia Paz, máis a chamaban Milita.

Esta muller agora ten 78 anos, naceu no 1937, en plena Guerra Civil, época difícil para vivir a súa infancia, e máis na cidade repleta de civís do exército, na cal reinaba a ideoloxía fascista da cal ela nin se enteraba pois era aínda un bebé. Sen embargo aos seus pais si lles preocupaba esta situación, na que dúas ideoloxías querían un claro vencedor, e que cada vez sumaban máis mortos no territorio. Eles non eran de ninguna das dúas, eles só eran persoas que querían ter algo que darlle de comer a súa pequeña filla única.
Pasados dous anos,no 1938, Antonio Paz, meu visabó e pai da miña avóa Milita, estaba no exército e en medio dunha batalla da Guerra Civil, nunha fragata morreu. Como todos os que ocupaban esa embarcación.
Dende aquela, a vida da miña avoa e a da súa nai foi máis difícil do que ata o momento acontecera , pois claro, a súa nai Chela non traballaba, xa que naquela época as mulleres debían coidar da casa e dos nenos.Pois entonces decideme... que fariades vos nesa situación de pobreza?.Nestes momentos é cando te das conta do punto ata o que o ser humano pode chegar para sobrevivir, pois miña visaboa puxose a traballar de tal forma que facía una xornada diaria de 16 horas.8 horas ía mariscar á Praia de Caranza, e levaba todo o material pescado nunha cesta na cabeza, e cando deixaba todo isto vendido no mercado, iba a traballar outras 8 horas cosendo para os ricos de Ferrol, pois por sorte dabaselle moi ben, aínda que debido a súa pobreza nunca chegou a ter ningún taller no que exercer.

E entre pescas e cosidas ía sacando a súa filla adiante, ata que metidas xa no franquismo, Milita cumpriu 8 anos, e comezou a traballar na casa dos seus tíos os cales tiñan o suficiente para vivir e manter os seus propios fillos mais non a miña avoa, polo que a tiñan sen comer mais lle daban algunas sobras e alguns cartos para ela e Chela. A súa vez axudaba a súa nai no traballo de mariscadoras.
Co tempo miña avoa creceu e descubriu que o seu era o comercio, e xuntouse con Reyes Yáñez, o cal tamén tiña falta do seu pai o cal había morto polo franquismo.Xuntos comezaron a vender viño, montaron una tenda-bar e chegaron a sacar a súa propia familia adiante ata os meus días.
Por iso miña avoa é a miña heroína .