martes, 24 de marzo de 2015

O meu pequeno descubrimento

Tras estar buscando e buscando información sobre os meus antepasados non atopei nin un asasino,nin un revolucionario nin tampouco un personaxe sobresainte da historia,mái aínda que aínda non poida escribir unha novela de acción coa miña familia si podo contar algo moi tenro que polo menos a min me fixo sacar un sonriso do interior.

Resulta que o outro día fun falar coa miña avoa, a muller do meu avó o que levaba o viño polas súas venas en vez do sangue,o cal o pasou de xeración en xeració, ao meu padriño, o meu pai, meu primo, meu irmán e cada vez máis a min. Miña avoa contoume o que eu xa sabia, que eles tiñan unha casa en covas, na cal pasaban os veráns e os fins de semana, e tiñan un xardin con moitas flores e mais unha parra. Disto xa estaba enterada posto que de pequena eu passaba alí moito temo, máis cando meus avós fixeronse moi maiores xa non podá coidarse este terreno e vendeuse.

O que me sorprendeu foi o que me dixo miña avoa. Ela contoume que meu visabó vivía en covas co co seu fillo (é dicir, meu avó ) e que daquela todo era campo, e nun deses campos vacios e sen ningun propietario meu visabó Reyes Yáñez co seu fillo comezou a plantar unha parra, duntamaño mais ou menos pequeno, e sempre iba coidala co seu fillo e a vendimiar na época debida,e facían as súas botellas de vino,e aínda que non valían para beber ao neno lle resultaba entretido.
Pasou o tempo e xa que seguían a coidar esta parra decidiron construír unha pequena casa para poder estar alí no verán, compartindoa o meu visabó con todos os seus irmáns, que tiña uns 4.
Pareceume moi tenro que a casa dos meus avós fose creada a redor dunha parra, a cal tiña unha longa historia e durou o seu tempo.

Agora entendo porque a toda a miña familia e en especial ao meu avó lle gustaba tanto o viño, e de feito todos traballan no mundo do viño, e dalgunha forma de parra en parra. Nin eles sabán que meu visabó, o cal traballaba como repartidor de cartas, había plantado algún dia esta parra.Máis no seu tempo libre debía gustarlle beber cuncas de viño no bar, e coidar a súa parra.

Sei que non será a entrada máis longa nin a máis interesante , pero aínda así a mín pareceume moi interesante este descubrimento por moi pequeno que sexa.
Espero seguir descubrindo máis sobre o meu pasado, xa que somos o que somos polo eso do pasado.