sábado, 18 de abril de 2015

De aquí para alá

"Certo é que non somos de aquí,máis todos acabamos no mesmo lugar".Miña avoa coma sempre moi acertada.
Estiven todas estas semanas mirando como facer para poder falar da miña familia de fora de Galicia, pois aínda que a nativa encantame e dediqueille as dúas entradas anteriores eu quería que toda a miña familia formase parte da miña familia.Comenteino coa miña avoa Paloma Fernández, que dixome que aínda que non fosen de Ferrol todos acabaran aquí.Esta pequena cidade  perdida da mano de Deus foi o seu punto de fuga.

Pode parecer extraño, que Ferrol, a cidade pantasma da que todo o mundo quere fuxir pola súa apariencia de cidade morta, fose no 6 de Xuño de 1965 unha cidade esplendorosa, na que, meu avó Regino Molina Cordero , recorda como feito máis sorprendente que por todo o Callao daquela podíanse ver grandes tranvías pasar continuamente. Calquera o diría coa liña de autobuses que hai agora, que podemos coller un cada 2 horas. 

Meu avó é de Estremadura, dun pequeno pobo de Badajoz, máis alí na súa infancia había moita pobreza.El naceu en 1945 polo que non viviu a Guerra Civil, pero aínda que non,  ser dunha familia pobre e cun rexime franquista non era fácil. 
El era o pequeno de 4 irmáns, e recorda axudar moito a súa nai Rosa Cordero Martínez(morreu de vella, unha sorte nesa época) en facer as comidas, xa que con poucos recursos cocinar para 6 persoas fácil non era. Grazas a isto, é no día de hoxe que meu avo fai estas comidas para toda a familia nos Sábados que nos reunimos .
Polo que a familia Molina Cordero ía sobrevivindo como podía, ata que decidiu alistarse no exército, pois no seu pobo moita xente había estado uns anos traballando na plataforma de Cádiz e mandaban cartas dicindo que estaban moi ben moi felices e que estaban desexando que máis xente poidese disfrutar desa maravilla.Dunha españa grande e libre.
Meu avó concienciado disto alistouse e en tan só dos anos xa estaba destinado a unha base do exército,máis aínda que pediu como destino Cádiz tocoulle Ferrol, que naquela época era un gran punto de exército,polo ue viu para aquí,con 20 anos.

Aqui atopouse coa miña avoa que venia directa de Madrid, filla de dous pais republicanos que habian tido que escapar e que acabaran tamén aquí, na boca do lobo, aínda que auí comezaron unha vida nova.
Aqui atoparonse meu avó e miña avoa, e casaron cando miña avoa tiña 16 anos, e meu avo 20, no 1965, xusto no ano que se coñeceron.
Dende aquela duraron ata a nosa actualidade, aínda que foi unha relación dificil porque meu avó estivo destinado en lugares como Estados Unidos ou Cadiz , maís con todo , saíronlle dúas fillas guapísimas entre elas miña nai Zinnia Molina Fernández.
Presentada queda unha gran parella a distancia,que paseou de aquí para alá,ata quedar en Ferrol.



No hay comentarios:

Publicar un comentario