sábado, 18 de abril de 2015

Fuxindo de casa

Todos fuximos de casa algunha vez. Alguns escapariades para ir a festa sen que vosos pais se enterasen, outros escaparían por unha discusión coa súa familia, máis estou segura que nunca ninguén de vos escapou da súa casa, do seu pobo,da súa provincia, e marchou co posto a outra punta do país, e sobretodo, en contra da súa vontade.
Aínda que pareza increíble, isto que acabo de dicir estivo de moda no noso país, como agora pode estalo unha chaqueta de Zara. De cada 3 familias, 2 tiñan que fuxir da noite á maña da súa casa para non ser encarcelados ou paseados.Deixando todo o que tiñan, o que habían conseguido xa os seus ais, ou eles con anos de traballo.Todo dun día para outro tirado polo chan para salvar a súa vida, simplemente por unha ideoloxía.E meu visabó Carlos Fernández Álvarez foi deses.

Él tiña 12 anos cando a Guerra Civil estaba en pleno auxe, e vivía en Asturias, Oviedo. A súa familia non era pobre, senón que dispoñía dunha mansión cuns 3 ou 4 criados , e vivían nun clima de felicidade no cal reinaba a República. Toda a súa familia incluído meu visabó,era republicana.
Meu tataravó, o que encabezaba esta familia, vindo o que viña encima cando estalou a Guerra Civil dixolles a todos que o mellor era escapar, pois senón auguraballes un futuro moi incerto, máis toda a miña familia decidiu quedar un tempo, e incluso os homes da familia( meu visabó e seus irmáns) loitaron nas primeiras guerrillas contra alguns civís do franquismo. Pero todo deu un xiro cando en Novembro do 1938 meu tatarovó que xa non estaba para loitar pola República foi atacado cando saíu do banco, por uns militares que lle mandaron identificarse e el dixo "Viva la republica!". Inmediatamente un tiro atravesou a súa cabeza, a e morreu.
Foi entonces cando miña tataravoa decidiu facer caso ao que seu marido xa había dito fai moito temo e ela soíña a seguinte semana meteu a todos os seus fillos no primeiro barco que atopou no porto e marchou a donde este os levara.E así, acabaron en Ferrol.

Aquí meu visabó Carlos, aconsellado pola súa nai para evitar mais disgustos, mandoulle meterse no exército, e asi este conseguiu traballo, a alguns aforros. A vez que a súa situaciónn económica mellorou coñeceu a muller da súa vida, Jacinta que acabou en Ferrol aínda que fose de La Peraleja , un pobo de Cuenca onde simplemente non habia traballo.Esta muller foise soa para non darlle mais probelmas aos seus pais xa maiores, e abandoou Cuenca para ir a Madrid a coidar nenos ou cociñar en casas , e así compartindo casa con outras 8 mulleres conseguiu ir sobrevivindo , ata que apareceu por Madrid, Carlos Fernández que había sido trasladado uns meses para facer cousas en oficinas ( pois meu visabó sabia destas cousas xa que en Oviedo traballaba axudando ao seu pai, que traballaba nun banco.) Asi, coñeceronse Jacinta e Carlos, e namoraronse de tal forma que Carlos cando tiña que volver a Ferrol pediulle a Jacinta que fose con el. Esta non o dudou, e marcharon os dous a Ferrol, onde criaron a súa familia, de sangue republicana, e fachada militar franquista. Unha gran mostra dunha familia humilde que so quería sobrevivir, como tantas nesta época.
(nesta imaxe vemos a Jacinta a esquerda, e a Carlos co seu fillo máis pequeno en brazos. Miña avoa está centralizando a imaxe,cunha diadema).





Jacinta Vicente (cuenca)

No hay comentarios:

Publicar un comentario