viernes, 10 de abril de 2015

A campeona Milita

Sei que esta entrada xa de comenzo non parecerá atractiva pois non ten nada multimedia, pero vin unha caixa enteira de fotos e cartas dos meus avos e visabos, e ninguna pareceume que dixese tanto como as palabras da miña avoa, e o comprobaredes se mirades máis ao fondo da simple fachada e vos poñedes a leer; veredes que nesta entrada vouvos presentar a miña campeona, e miña avoa á vez : Emilia Paz, máis a chamaban Milita.

Esta muller agora ten 78 anos, naceu no 1937, en plena Guerra Civil, época difícil para vivir a súa infancia, e máis na cidade repleta de civís do exército, na cal reinaba a ideoloxía fascista da cal ela nin se enteraba pois era aínda un bebé. Sen embargo aos seus pais si lles preocupaba esta situación, na que dúas ideoloxías querían un claro vencedor, e que cada vez sumaban máis mortos no territorio. Eles non eran de ninguna das dúas, eles só eran persoas que querían ter algo que darlle de comer a súa pequeña filla única.
Pasados dous anos,no 1938, Antonio Paz, meu visabó e pai da miña avóa Milita, estaba no exército e en medio dunha batalla da Guerra Civil, nunha fragata morreu. Como todos os que ocupaban esa embarcación.
Dende aquela, a vida da miña avoa e a da súa nai foi máis difícil do que ata o momento acontecera , pois claro, a súa nai Chela non traballaba, xa que naquela época as mulleres debían coidar da casa e dos nenos.Pois entonces decideme... que fariades vos nesa situación de pobreza?.Nestes momentos é cando te das conta do punto ata o que o ser humano pode chegar para sobrevivir, pois miña visaboa puxose a traballar de tal forma que facía una xornada diaria de 16 horas.8 horas ía mariscar á Praia de Caranza, e levaba todo o material pescado nunha cesta na cabeza, e cando deixaba todo isto vendido no mercado, iba a traballar outras 8 horas cosendo para os ricos de Ferrol, pois por sorte dabaselle moi ben, aínda que debido a súa pobreza nunca chegou a ter ningún taller no que exercer.

E entre pescas e cosidas ía sacando a súa filla adiante, ata que metidas xa no franquismo, Milita cumpriu 8 anos, e comezou a traballar na casa dos seus tíos os cales tiñan o suficiente para vivir e manter os seus propios fillos mais non a miña avoa, polo que a tiñan sen comer mais lle daban algunas sobras e alguns cartos para ela e Chela. A súa vez axudaba a súa nai no traballo de mariscadoras.
Co tempo miña avoa creceu e descubriu que o seu era o comercio, e xuntouse con Reyes Yáñez, o cal tamén tiña falta do seu pai o cal había morto polo franquismo.Xuntos comezaron a vender viño, montaron una tenda-bar e chegaron a sacar a súa propia familia adiante ata os meus días.
Por iso miña avoa é a miña heroína .

No hay comentarios:

Publicar un comentario