Decidín escoller esta imaxe de Virxilio para representar a Galicia labrega que tivo que estar sometida a pésimas situacions de traballo pola conta que lles traía ou por poder ter algo do que vivir.Refirome con isto aos privilexios señoriais, así como ao diezmo e moitisimas inxustizas mais que tomaronse contra os non privilexiados grazas en gran parte ao feudalismo.
Din que unha imaxe vale mais que mil palabras.A verdade e que eu creo que vale moito mais.Nin con duas mil palabras eu poderia facer sentir o que trasmite esta fotografía.
Cada vez que a veo sinto a dor,e o esforzo que esas mulleres tiveron que realizar durante toda a sua vida,mulleres que van de loito porque perderon aos seus maridos.Unha chamase Maruxa,ten catro fillos e unha nai que coidar,o seu home foise en 1458 cara a Asturias,e morreu na viaxe xunto co marido da outra muller que sae na fotografía chamada Xela,a cal tiña 4 fillas. Estos dous homes escaparon das horribles condicións de vida que tiñan debido aos señores feudais xusto antes de que estalase a revolta dos Irmandiños.Esta foto seria de 1470, na que aparecen Maruxa e Xela traballando as terras que teñen arrendadas polo nobre Figueroa, o cal baixou os beneficios que estas mulleres recibían despois de que o seu castelo fose derribado polos Irmandiños da sua aldea.
Ainda así estas duas mulleres foros das afortunadas as que non violaron o exercito dos nobres nin mataron aos seus fillos.
Realmente hai unha duda que sempre me enche cando vexo esta imaxe: Terán esa cara por que lles está dando o sol na cara ao traballar no campo,ou terán esa cara porque están en verdade de mal humor polo trato que reciben e pola situación na que viven?.
Ainda que pareza que estas duas mulleres son iguais xa que pasaron polas mesmas situacions de vida, equivocamonos.
Xela é unha muller rebelde, enfadada co seu home por ser tan cobarde de escapar á revolta Irmandiña cara outra zoa de España na que o irmaniños non fosen atacar, e por non dar a cara polo seu pobo.Ela mesma quixera ir a loitar e derrocar os castelos e igrexas de galicia.É unha muller totalmente conscente de que a culpa da situación que ela vive e probablemente vivirán os seus fillos o dos señores feudais.
Sen embargo, Maruxa é contraria aos Irmandiños e botalle a culpa ás suas estúpidas revoltas do trato que os boísimos e inocentes nobres danlle a toda a poboacion.Ten claro que o seu marido fixo ben en escapar cando puido.
Non teño mais que leer o que presenta a fotografía para poder imaxinar cómo era a situación da época e desas mulleres no que había todo tipo de xente. Oxala realmente existise a cámara nestos anos e puidesemos ter fotos desta gran revolta que foi unha das mais importantes de seculo XV,mais non foi así,esta foto é de Virxilio Vieitez e é do 1954.Que ben esta deixar voar a imaxinacion un ratiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario