miércoles, 28 de enero de 2015

Viuva dun Irmandiño

Ben lle dixen que non fora,que quedase na casa conmigo e mais os nosos fillos.
Pero soaron as campás. El mirou cara o solo, apenado, e de supeto ergeu a cabeza collendo a foz de en riba da mesa da cociña, deume un bico e susurrou intentando mostrar valentía "Teño que ir María, polo futuro deles".O dixo sinalando aos nenos que nese momento dormían a sesta sobre a cama feita de palla.Eu mireinos,escoitei a porta abrirse e ao momento pecharse, e esa foi a última vez que vin ao meu marido.

Entendanme señores, non e que non quixera millores condicións de traballo,e xa non para mi que levaba toda a vida sometida aos señores, senón para os meus fillos. Claro que quería ter propiedade sobre as miñas terras, e ter algo que me pertencese, e por suposto que non veía xusta a repartición da producción das terras.Claro que veía estúpido traballalas de sol a sol para logo ter que entregarlle todo aos poderosos e non ter apenas comida que levarme a boca nin para alimentar aos meus nenos. Levantarme cada día ás 6 da mañá preguntándome que iba a quedarlles aos meus fillos cando eu morrera, ou cando ía terminar todo sito.Vivir esperando a que algo cambiase.

Mais ainda que isto non me gustase e soubese que algo habia que facer,tampoco querría que o meu home loitase.
Xa a noite anterior o comentaramos e eu non estaba moi convencida."non vaime pasar nada Mariña,se xa sabes que aquí en vilachá non vai acontecer o realmente gordo do asunto,que non somos un pobo grande. É so para facer algo de ruido.Ou iso dixome Pedro o dos coitelos".
Non creades que estaba moi convencida mais cómo xa sabedes el foi cara a praza coa súa foz, e escoitou todo o que o cura tiña que decirlles sobre o plan.Seria una revolta que cambiaría todo tal como era coñecido,e apodarianse como os Irmandiños. Ás horas unha veciña viu a dicir que os nosos homes acababan de derribar o castelo da Rocha Forte e que volverían pasado ese día!!!Ahí si que alegreime de verdade de habelo deixado ir.Íbamos conseguir acabar con seculos de señoríos e de feudos escuros.
Máis...pasaban semanas e semanas e non volvían mais que novas de que outros pobos galegos rebelaranse contra os seus donos,e xa habianse derrumbado 120 castelos e igrexas en toda Galicia.
Ata un día,que chegaron noticias de que de camiño a casa,os homes de vilachá habían sido atacados por uns rebeldes, ou soldados baixo as ordes do arzobispo de Santiago.
Iso da igual, o caso e que tras meses de espera, as loitas, mortes e demais non serviran para nada pois, cando reprimiron todas as revoltas por toda Galicia os homes que sobreviviran tiveron que deixar as suas hortas para adicarse a reconstruir os castelos que antes derribaran.
En canto a miña familia,eu quedei na mesma situación de represión,con duas bocas que alimentar e sen marido.Ainda que despois desta revolución,sei con certeza,ou polo menos espero,que isto non quedará así,que haberá máis revoltas e que conseguirán cambiar todo o mal que eu,lamentablemente, tiven que
vivir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario