O viño: para alguns, unha bebida, un acompañamento para algunha comida, ou un alcohol como outro calqueira. Máis o viño é un alimento moi antigo,que bebese dende o comezo da historia,e que ten unha cultura extensísima.
Meu pai sempre di que arredor dunha copa de viño podense dar todas as conversacións do mundo.A xente que teña unha pouquiña de idea pensará que a cultura do viño español atopase case toda na Rioxa,e aínda que non van do todo desencamiñados (pois aquí hai centos de bodegas boísimas a nivel mundial e o mellor museo da cultura do viño do mundo) hoxe estamos a falar desta cultura desenvolvida en Galicia,que non é pouca,por tanto comezarei a contarvos.
O mellor museo da cultura de viño,atopase en Briones, da bodega Dinastía Vivanco,e aínda que este non sexa galego interesaravos saber que esta fielmente enlazado con Ferrol. En Galicia vendense arredor de 300.000 caixas anuais deste viño,( o cal participa extensamente en Fevino ) o que non sería posibel sen unha gran cultura detras de xente que consume este producto.Pero este compromiso vai máis alá.
Todos os anos dende fai 5, celebrase en Ferrol, Fevino; a maior feira da cultura do viño a nivel galego, e con certo prestixio a nivel nacional, á cal acuden sobre 200 bodegas, enólogos, narices, sumillers,etc na que os amantes do viño e demáis interesados do mundo enolóxico poden disfrutar durante unha fin de semana de catas, conferencias e stands.
O responsable da organización de Fevino, Fernando Yáñez, asegurou que Ferrol será a capital española do viño,co titular "Ferrol,casa onde conflue a cultura nacional do viño". O pasado 2013 por primeira vez acude o Consello Regulador da
Rioxa con máis de 40 bodegas, ademáis dos cinco das denominacions
de orixen galegas.
Aínda que a última edición desta feira vai máis dirixida a un ambiente profesional, e cara ós que "se manexan" un pouco no asunto.
Para os que non saben, máis queren aprender e disfrutar nunhas vacacións,esta terra trae consigo "Galicia, unha experiencia enoturística" ; xa é moita a xente que visita Galicia coa intención de pasar uns días visitando as denominacións de orixe galegas: Rías Biaxas, Riveira Sacra, Monterrei,O Ribeiro e Valdeorras,lugares onde o arte e a cultura xuntanse no viño, e onde podese visitar as bodegas,dende as máis vangardistas,ata as máis tradicionais e señoriales( en algunhas delas hospedarse),e pasear polos viñedos galegos, os cales están repartidos por toda Galicia. Turgalicia ofrece paquetes de viaxes ata aquí que incluen rutas de viños, e a inmersión en castros, nos cales xa se bebía o viño, dando unhas charlas sobre a historia do viño en Galicia, pasando polos romanos e chegando ata hoxe en día.
Se con toda esta información non vos chega, só fai falta ter ollos para poder ver que o centro de Ferrol está practicamente morto máis o único que o aviva é a cultura do viño,e a xente que baixa as rúas do centro(Rúa Magdalena,o Callao,...) a tomar os viños, acompañados pola gastronomía espectacular dos caseríos ou bares de tapeo da zona.
Espero que toda esta información axude a alguén a aprender que o viño é moito máis cunha simple bebida, e que a pesar de estar en crisis, este sector é o que nunca morre, e segue a ter un gran protagonismo na nosa cidade( moitas familias viven del ).
Tamén, como non,falar,aínda que máis brevemente, sobre a relación que garda o arte co viño,dende as esculturas do deus Baco,(deus do viño) ata a idade contemporánea,na cal multiplicanse os cadros con motivos enolóxicos.
No 2008 fixose no restaurante galego Camiño da Serpe (o cal ten una estrela michelín) a primeira subasta galega de viños e arte enolóxico, como por exemplo pezas de Sargadelos do siglo XIX, pinturas de
diversos artistas e pezas curiosas como un vinoscopio,un pesa taninos,descorchadores diversos, un moble bar, sifones, etc.
Os propietarios, Xoán y Xosé Cannas (Nariz de Oro 2004), pretenderon con
este acto sobresair da restauración tradicional e ser algo máis que
un restaurante, unindo nun mesmo local a arquitectura contemporánea,a enoloxía e a cultura.
Unha vez máis Galicia non se queda corta na cultura, e non deixa de sorprendernos, esta vez, cunha botella de viño na man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario