Boas blogueir@s,buscando un tema para a miña entrada,non sabía por cal decatarme,e mentras ía paseando pola rúa percateime de que estaba a chover,algo do que as veces xa nin me dou conta porque é do máis usual en Ferrol e ata pasa desapercibido para nós,pero..e se esa chuvia puidese ser nociva para nos e puidesemos chegar a enfermar,incluso morrer por isto?E se existise algo tan horrible como esta imaxe no noso mundo ?
Ben,deixemonos de suposicións porque isto é real e está a pasar,agora e aquí.
A causa deste pesadelo feito realidade é a chamada chuvia ácida que para quen non o saiba contén corrosivos como ácido sulfurico ou ácido nítrico,e cando cae encima de edificios,monumentos,da túa casa ou da escola..os corroe pouco a pouco ata acabar con eles,pero tamén,é o que é peor,cae encima de lagos,ríos e demais lugares que contamina,o que conleva a morte de moitos peixes e máis flora,que de abundante pasa a ser nula.A devastación a largo prazo nas lagoas por esta choiva é infame.Por non falar do incremento de enfermedades broncorespiratorias e do sistema nervioso que estannos a afectar a todos nos,que somos galegos.
Pero non creades que isto é causa dun poder divino,senón da acción humana e os seus productos contaminantes ,e sobretodo en Galicia,que é o lugar onde máis chuvia ácida hai de toda España.
A verdade, non me sorprende, somos terra de centrais,e para non variar aquí está a central de Endesa en As Pontes que(para explicarvolo de forma coloquial e de maneira que o entendades rápidamente) para crear enerxía necesita realizar un proceso químico que termina en botar fumes que conteñen elementos que engadense ao ciclo da chuvia, como o azufre e aquí créase a chuvia ácida,e é que só esta central emite o 16% do dióxido de azufre de toda España.Frente a isto, a nosa comunidade conta con 74 especies en perigro de extinción: 49 de fauna, 13 de aves,121 moi vulneradas...e ningún plan de presión contra a contaminación.
E todo isto é un claro problema da construcción masiva.Sei que non profundicei moito no tema e que quizás debería haber posto máis información pero desta vez puidome a indignación,e prefiro reflexionar sobre o gran destrozo que cada día un pouco máis estou a descubrir por todas partes,a meu redor,e de verdade,dóeme.
Así que,diganme señores constructores, cando acabese o aire puro..van respirar cartos?.Veredes,o que estes non entenden é que cando a contaminación fai vulnerable a toda Galicia,afecta aos ricos e aos pobres,e nin os cartos nin as súas monstruosas infraestructuras os van salvar da temprana chegada dunha contaminación aínda maior(que eles mesmos están a provocar),e cando queran facer algo,xa será tarde.
Para mín,DEP Galicia bonita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario