Bos días,levo un tempo
investigando e fai pouco percateime de que sen darnos conta en Galicia temos o
negocio do siglo.Non o creeredes xa que de todos estos beneficios nós non vemos
“nin un duro” pero sí,Galicia bonita está repleta de centrales hidroeléctricas
que gañan só por destrozar e acabar cos nosos ríos ata 1000 millóns de euros anuais.Estas empresas argumentan
ao seu favor que a súa enerxia alternativa non contamina o aire,e deixa en
Galicia uns 10 ou 20 millóns de euros ao ano,por utilizar o noso auga,sí,pero:A
qué prezo?.
Galicia sofre una sobreexplotación nos seus cauces que veñen de décadas atrás,dende a primeira central hidroeléctrica,que construíuse a finais do século XIX no Río Umia,e polo cal xa houbo continuas protestas en contra.Non temos que irnos a máis de 100 km para ver un claro caso de
destrozo dos nosos ríos por estas centrais.O río Ulla,que parte
Galicia a metade,é cercano a Santiago de Compostela,e é moi coñecido pola
súa situación xa que atopase rodeado de vexetación,dun verde precioso,pero a
beleza do seu tramo so é a mascara do que en realidade atopamos se miramos un pouco máis alá: as notables contaminacións de productos químicos de estas augas,a cantidade de peces mortos nas beiras do río...,"Vimos a traballadores do concello recollendo peces mortos no río,levaban xa 5 bolsas ben grandes e cheas"declaran algúns veciños de Antas de Ulla fartos xa da debastadora central.Este é só un exemplo de río contaminado e sobreexplotado como hai moitos en Galicia;o río Deva en Ourense,foi afundido totalmente por unha central hidroelectrica,debaixo do seu encoro só atopamos morte,morte do verde,da flora e fauna,das xa 1500 especies extenguidas por uns poucos de cartos.
Vos invito a reflexionar..a quen interesalle ter encoros en vez de grandes ríos?quen prefire pasear por pontes de hormigón,que por un río en canoa?Eu estou segura de que non os galegos,non os que pensen coa cabeza,en vez de coa carteira.Non sei estimar canto tempo seguirán tendo éxito estas empresas en Galiza,(que xa son 147),quizás ata que rematen coa agua de todos os nosos ríos,ou ata que maten a todas as especies únicas galegas,como xa algunas das centrais han rematado co 60%.Das 147 centrais hidroelectricas galegas só 14(das que 7 pertencen á central Fenosa)finalizarán o seu traballo antes do 2020,o resto seguirán en funcionamento,e algunas incluso ata o 2060,como son o encoro de Santa Uxía,ou Santo Estevo,ata o 2064.Para concluír,deixovos dúas imaxes para que poidades comparar ambos ríos galegos:un río natural(Ulla) e outro deteriorado por un encoro.
Pareceume moi interesante todo o que comentas acerca deste tema e creo que tes unhas ideas moi claras, segue a escribir porque parece que tes moito que dicir, eu estarei encantada de continuar coa lectura das túas próximas entradas. Bicos.
ResponderEliminar