Estiven informandome sobre unha central que teño relativamente cerca,a uns 18 km,e da que ata fai pouco non tiña nin idea.Esta é a central de Meirama,na Coruña.Esta central térmica(que traballa a partir da combustión do carbón) é da empresa Gas Natural Fenosa,e por tanto pareceme curiosa a última campaña publicitaria desta empresa.O seu apelido galego cal é?Contaminación?
Ben unha docena de xornais,unhas cantas páxinas webs e ata "Ecologistas en Acción" comunican: a central de Meirama atenta contra Galicia e é un dos principais focos de contaminación,que fai que todos os coruñeses leven ao seu corpo partículas de por exemplo ozono ou dióxido de azufre.
Esta central térmica é da clase de centrais que máis emiten dióxido de carbono (CO2),o cal é o principal gas causante do cambio climático,un problema do que Galicia verde tampouco se libra.Se isto sónavos lexano ou parécevos un tema no que non tedes nada que ver,sabede que as emisións anuais de CO2 por habitante de Galicia son 10,2,cada un de vos.
Como sempre,e esta non iba ser distinta,facemos todo pero non para nós:esta central térmica exporta unha gran parte da súa producción ao resto da península, polo que estamos vendendo emisións de Co2 dentro e fóra de Galicia,como quen:Tranquilos,que hai contaminación para todos!!.E para colmo,non creades que todos estes esforzos de ensuciar o noso aire de fume negro están sendo rentables,porque Meirama consume en forma de carbón 3 veces máis de enerxía da que obteñen en forma de electricidade.
Estou desexando que os altos cargos de Galicia percatense de que aquí son innecesarias as centrais térmicas de carbón para atender o consumo eléctrico galego,bastámonos das enerxías renovables(como os eólicos).Pois ben,se realmente queremos una Galicia sana e sostible,eu entendo que necesitemos cartos e que esta central os proporcione,pero vexo excesivo superar os límites legais da contaminación do aire con 2 puntos por encima do marcado pola OMS(Organización Mundial da Saúde).Pero é que non é só a utilización do carbón,senón a descarga e o transporte deste que tamén degradan o entorno,pero nada,todo segue igual,ningúen fai nada,e non será por falta de información.
Concluo,meus bisavós respiraban aire puro,e eu non,¿e a isto chamaselle evolución?
Bastante ben Gabriela, gustame os temas que escolles e intentas escribilos dende o teu punto de vista. Falta mellorar a "forma" para que non sexa tan "mazacote" e faelo mais "agradable á vista" .Moi atinado o spot.. Nesta entrada poderías facer referencia á tua anterior sobre as hidroloectricas. FENOSA é a súa marca, a empresa que encheu Galicia de centrais; é o nome propio; GAS NATURAL o apelido contaminante...
ResponderEliminar