O outro día,decidín preguntarlle a miña avóa por algunha lenda da que se falase na súa escola ou coas súas amigas,máis ela dixome que sabía outra máis interesante,a cal escoitara en casa,en boca da súa visaboa,e esta era a procesión das Xás :
A Procesión das Xás, ou Procesión das
Xans, trata dunha procesión semellante á da Santa Compaña, pero
que se diferencia de ésta en que non son as pantasmas dos mortos os que van nela, senón as pantasmas dos vivos.
Marchan en dous filas e levan un cadaleito. Canto máis cerca do cadaleito vaian os espíritus destas
filas, máis rápido morreran. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres
ou catro anos en morrer.
O peor de todo non é isto, senón que quen atopara esta procesión,podía sentila,máis non vela,e deste modo non podía escapar,e unha vez que topaba con esta,volvíase visible. O encontro dábase case sempre nos cruces dos camiños, onde era costume deterse cos difuntos para que os sacerdotes botasen responsos (oración en honor aos mortos).
Se o que a atopaba era amigo dos que ían na procesión,o único que facíanlle era levalo polo aire a outra parte;máis se era enemigo,dábanlle
una brutal paliza e o arrastraban polas silveiras e os toxos.
Isto,aínda que non sexa tan coñecido agora como fai unos séculos,dise,que segue a existir.
Son
poucas as persoas que hoxe en día ven a Procesión das Xás, pois para iso necesitase
poseer unha de estas condicións: que o padriño de quen a ve, rezase
mal o credo cando o bautizaron, ou ben que o sacerdote cambiase os
santos óleos confundindo os da extrema unción cos del bautismo.
Tal error podese remediar bautizándose de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario