sábado, 20 de diciembre de 2014

Materia prima da danza en Galiza

Boas noites,creo que para que esta entrada sexa pertinente debo comezar dicindo que eu bailo danza contemporánea, son una gran amante desta disciplina e pasome a maioría do meu tempo libre bailando, ou vendo videos de danza. Fai un rato deuseme por buscar "Danza en Galiza" en YouTube, para ver que saía,e lamentablemente non soará a sorpresa máis as primeiras 5 páxinas están compostas de escolas de baile galego e bailes de orquestas en festas de pobos.

Aclaro que eu non teño nada en contra do baile galego, sen dúbida somos os mellores niso..tamén faltaría máis, se é noso. Máis coma ese punto de vista do baile galego e as bailarinas das orquestas xa está máis que tocado, eu hoxe quero ver "danza en Galiza" dende outra forma.

Como xa dixen se buscades en internet a simple vista, aparecerá iso, máis se mirades máis a fondo, e se buscades vos, comenzaredes a ver grandes manifestacións de danza e grandes bailarinas que non son recoñecidas, e que seguramente ninguén do voso entorno coñeza, máis se preguntamos por elas en Madrid a moita xente posta no tema soaranlle.

Por exemplo,falemos dunha bailarina de danza contemporánea e danza clásica. É de Ferrol, non atoparemos ningún exemplo máis cercano.
Esta bailarina presentouse a un concurso chamado "Fama" emitido nunha cadena vista en toda España, e que seguramente vos soe a todos xa que foi un programa con moita repercusión nacional. A gañadora da segunda edición deste foi Sabela Adalid ; esta rapaza ferrolana.
Presentaronse miles de persoas de toda España,e incluso de toda Europa, e entre todos eles,unha galega gañou,ningun o cría,vaia. Isto amosa a pouca crenza no propio.
Este video foi grabado nunha actuación fai menos de 2 anos no teatro Colón :


 
 
 
Tivo ofertas de traballo por parte de moitas compañías, e aínda que actualmente da clases de danza nunha escola de Ferrol, tamén estivo ofertada a súa praza no Conservatorio profesional de danza da Deputación da coruña.

O director deste conservatorio é o chamado  Luciano Gómez Pérez , gran profesional desta disciplina.
Nacido en Fisterra, inicia a súa carrera en Bruselas con profesores como Carmen Roche ou Vitor Ullate, e máis adíante na prestixiosa escola "Mudra" dirixida por Maurice Béjart. Continúa desenvolvendo xa a súa carreira durante once anos en Estados Unidos interpretando papeles na danza clásica, neoclásica e contamporánea, en musicais coma " The Richmond Ballet", "Hartfor Ballet" , etc. E colaborou en diversas obras para o Palacio da Ópera.

Continuou a súa carrera volvendo a súa terra e agora traballa como director, onde está a conseguir grandes premios presentando alumnos a diversos concursos nacionais de Danza como os de Zaragoza, Torrelavega e A Coruña, obtendo en todos eles os primeiros premios.

Podería seguir a falar extensamente de grandes figuras danzantes de Galicia,de feito xa non quise facer  incapé na danza clásica porque estenderíame e isto convertiríase nun "mazacote", pero son innumerables as compañías e bailarinas profesionais boísimas que están a aparecer en Galicia nesta rama. Máis confío en que é cuestión de tempo que todas estas saían a luz e sexan recoñecidas como o que son,profesionais admiradas na súa terra propia.Quizás non só sexa culpa da poboación de a pé o seu poco coécemento de todas estas profesionais, senón tamén dos concellos e gobernantes galegos que promoven tan pouco este arte.

Tamén gustaríame tratar nesta entrada a danza vista dende unha perspectiva amateur con vistas de futuro, e isto non podo evitar facelo con certo enfado e ton de crítica persoal, xa que, se xa de por si en Galicia tendemos a non valorar o que temos e non saber aprecialo, coa danza isto crece máis , pois esta é unha das artes menos valoradas a nivel mundial, tendo moi pouca repercusión mediática e pouca importancia cultural se non se profundiza no tema.
Deixando un pouco de lado o profesional,creo que debedes saber que só na cidade de Ferrol,a cal é bastante pequena,e peca de poboación envellecida, hai unhas 8 escolas de danza, todas cheas de nenas dispostas a adicarse a isto nun futuro, a ser grandes bailarinas galegas, e as cales necesitan lugares para formarse profesionalmente.

É que naide está a darse conta da materia prima que temos aquí? Centos de persoas en Galicia e Ferrol adican máis de 5,8 e 10 horas á semana a bailar,a cultivar a cultura galega. Que alguen intente explicarme porque facemos ollos cegos a esta gran manifestación e porque non hai un conservatorio profesional de danza en Ferrol. Só en Galicia, hai 2, bastante demandados e coñecidos polo seu nivel na danza contemporánea.

O outro día entereime de que para xogar ao futbol, non hai que pagar nada, xa que é gratis e esta todo financiado polo propio clube. A diferencia dunha escola de danza, na que tes que pagar unha mensualidade polas clases ás que asistes, tes que pagar o material e os lugares nos que actúas, grazas ao maravilloso concelleiro de cultura o cal non cede ningún auditorio nin teatro para bailar, porque "a el gustalle máis a música". TODAS as escolas de danza en Ferrol son privadas,e isto é igual a que a xente que non teña cartos xa non pode nin bailar. Igual da que nacera para iso.

Sintome bastante doída por este rechazo ou canto menos pouca axuda hacia o propio,e hacia unha arte que require tantísimo esforzo para o pouco que se valora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario