domingo, 10 de mayo de 2015

Ironía de aldea

Vivin durante 10 anos en Meirás, e durante este período creedeme que o que mais critiquei foi a liña de autobuses.A maldita liña que pasaba cando querá, por onde queria, sen ningun seguimento de horarios fiables nin de aradas aseguradas. Cuns servicios nefastos nos que nas fin de semanas non había bus debido a que..non sei, non creo que tivesen motivo xustificado.
No verán da miña adolescencia pasei todos os días cos meus pais.Miñas amigas só podían ir ás praias as que se chegaba en bus e a praia de meirás só tiña un bus de ida, máis ningun de volta.
A intelixencia do concello, nunca deixou de asombrarme.

Pasaron os anos e eu mudei a Pontevedra polo que do pouco que entereime foi polos xornais e mais algunha amiga que quedaba vivindo no centro de Ferrol.
Dende o 2015 os horarios de autbouses e as prazas deste comezaron a disminuír progresivamente ata quedar en 0 no 2026.As manifestacións foron algunas, aínda que non de moita dimensións. A xuventude das aldeas cercanas xuntouse para protestar ante o Concello de Valdoviño mais as únicas declaracións que fixo o Concello foi "non podemos poñer máis liñas de autobuses, porque non son usadas, e é gastar cartos ao tonto". Vaia cara máis dura.
Debo de comentar que no 2023 instaurouse una lei mandada dende a Unión Europea que prohibia os coches que funcionan a base gasolina e establecía que só poderían circular os vehículos que fosen eléctricos. Os cales eran bastante caros.

Consecuencia? que moita xente queda sen transporte e incomunicada.Vamos a ver, a xente xove amañase, e en Ferrol segue a haber buses, e incluso un tranvía que instalaron no 2025 debido a que tamén a Unión Europea fomentou as axudas para o desenvolvemento do transporte público metropolitano. Pero nos arredores nada de nada, os nenos, as familias sen moitos recursos, e todos os anciáns quedan incomunicados sen poder saír de Valdoviño máis que cando un amigo os leva ou o bus que vai de Ferrol  a Cedeira pasa por alí (isto é unha vez a semana e so fai unha arada en todo Valdoviño, de maneira que moita xente queda sen poder recibir este servizo).

Pasa o tempo e situandonos xa no 2035 a situación é moito peor.
Visto o panorama o novo goberno de Valdoviño quere cambiar as cousas que o anterior fixera tan mal e promete unha nova liña de autobuses como Deus manda, mais en canto chegan ao concello atopanse con que o anterior alcalde deixara todo ben atado, de maneira que firmarouse un contracto cunha constructora de grandes cadeas de hoteis "Meliá" que non se podían rescindir , e que deixaba pactado ao cambio de 60 millóns, que en todas as costas de Valdoviño construiríase un hotel a menos de 60 metros do mar.
Ao descubrirse isto mandouse aos tribunais da xunta de Galicia, e estes fixeron moito..Mais nada que reducir este contrato ao seu 60% de construcción e a 100 metros da praia.
Polo que o soñado por moitos ignorantes; Valdoviño como turismo cotizado de sol e praia de masas.
Ironico canto menos, que a maioría da poboación deste lugar non teña como desprazarse mais vean chegar día si e día tamén a xente que chega a esos hoteis a pé de praia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario