domingo, 10 de mayo de 2015

DEP Ferrol

"A ría é nosa e non de Reganosa" vociferaban os manifestantes faría un ano polas rúas de Ferrol. Preguntome se nalgún momento pensarían que as súas protestas ían poder gañar contra os monstruos que poñen os cartos. 
A oposición a Reganosa, lamentablemente, non chegou a ningures e pasado un tempo a construcción rematou onde tiña que rematar: nun punto tan cercano a comarca de Ferrol que se por calquer caso esta estoupara, todos volaríamos polos aires con ela.
Isto parecerabos un tema suficiente para facer unhas cantas distopías.Mais eu vou mais alá.
Imaxinadevos este estoupo en cuestión en todo Mugardos.Dende o punto egoísta dun ferrolano ata aquí todo ben pois se chega a estar nun punto afastado da ría de Ferrol isto pode chegar a non afectarlle.
Pero señores e señoras, a partir do ano 2020 disto xa non vai librarse ninguén.Aos dous tanques xa construídos( que pintaronse de cores para mellorar a súa integración pasaxística) sumarase outro tanque máis, que será dun maior tamaño,que acollerá outros 15.000 metros cúbicos de gas natural licuado. Isto quere dicir que no ano 2020, comezarán as maravillosas obras que durarán polo menos medio ano para colocar ese armatoste no mar.
Antes de nada dicir que neste ano tamén haberá manifestacións, que serán tan escoitadas e acatadas como as primeiras.Ou sexa cero.
No ano 2021 xa estará todo mais que preparado o bloque de formigón para destrozar a ría.Xa ninguen vai a ir a pasear cos barquiños, porque calquera pasa polo lado desas xigantescas centrais.Os señores mairoes din "eu nin de broma volvo coller o barco.Entre a xente da miña edade non nos fiamos deses bichos.Ao saber o que poden facerche se pos a túa figura na ría.Nos somos uns indefensos xa no noso mar de toda a vida." E os nenos xa non coñeceran a súa ría porque naide os levará a coñecela.

Mais a marxe da opinión pública nos atopamos con algo moito peor. Algo do que non se quiso informar á poboación. 
Este tercer tanque ten unha maior peligrosidade porque está chegando a cubrir toda a capacidade da ría e máis do número de tanques que poden estar xuntos.
Efectivamente, no ano 2024 unha fuga no segundo tanque bota unha especie de gas denso, que naide quere dcir o que é, e o alcalde o único que di e que non nos preocupemos, nunha roda de prensa xunto co representante de Reganosa en España, o cal refírese á nosa comarca como "pueblecito pesquero".Como non nos vamos preocupar.
A consecuencia desta fuga, todo Mugardos xunto con toda a comarca de Ferrol queda cuberta por esta especie de fume.

Ademais isto terá provocadas mortes de moitos animais,unha inexistente vida mariña nas rías e nos mares da zona, e tamén a contaminación do aire que respiramos que provocará que todos teremos que ir, por decreto do concello, con mascaras para evitar,según  a concelleira de sanidade, "algún sustiño".Como se non soubera que a xente xa está asustada.

Ano 2025, esta nube de gas xa fai uns meses que está a desaparecer,a xente esperanzada, volve a súa vida normal, a marxe deste pesadelo.Repentinamente correse a voz de que todas as praias están sendo fundidas por unha especie de lodo gris ou verde escuro que non se sabe o que é, más sae das profundidades cercanas  aos tanques de Reganosa e chega ata todos os puntos de Covas,Doniños,Valdoviño,incluso Pantín.
Esperaredes un boom de axuda por parte de todo o mundo,movilizacións dos galegos..pero non. A xente cansada, e o que é peor, acostumada a estes feitos, resignase a deixar de ir as praias e que o concello poña as escusas que queira.
Como consecuencia disto o concepto de pescadores na comarca ferrolá desaparece, e morre a industria pesqueira desta zona.Morre media vida de Ferrol.


Desta xa Ferrol non se recupera. Eu cos meu 28 anos xa non vivo aquí, mais miñas primas pequenas chaman sempre para contar esta situación. Contan desesperanza,tristeza. 
A última chamada tivo unha mesaxe moi clara.Nada mais descolgar o teléfono oín "Toda a xente está a marchar.Nos mudamos", a miña sobriña por detrás bromeu dicindo "Emigramos, como las aves."
Non me sorprendeu, pois moitas zoas de Ferrol xa estaban abandoadas dende facía uns anos. A nube de gas xa botara moita xente cara outras zoas de Galicia, ou de España.
Polo que no ano 2030,Ferrol queda totalmente deserto,mais aínda así ninguen de Reganosa da señas de vida.Os tanques seguen ahí e malia as consecuencias non parece que ninguen teña pensado botalos de ahí. Moitos cartos deben dar.
Polo que o medo que comezou no 2012 e que trataba sobre a posible exlotación deste tanques uedou xa esquecida no tempo.Non estoupou nada, non houbo unha masacre de xente propia dun filme futurista, mais outro tipo de accións provocaron que Ferrol quedase totalmente vacío e convertiuse nunha gran zona para situar naves industrais, de productos químicos, tóxicos e demais.Sen unha soa vivenda.
Polo que, DEP Ferrol.




No hay comentarios:

Publicar un comentario