martes, 19 de mayo de 2015

Fermosura relativa no 2045

Vai facer xa 9 meses que comezamos a tratar o aspecto de Galicia.
Durante este ano estivemos a falar sobre a fermosura da nosa terra, e os tópicos que ten na opinión social este recuncho do norte de España.
Acabamos criticando as nosas primerizas opinións sobre que Galicia era. verde, bonita, natural, tiña aire puro praias, e moitos animaliños, para acabar orgullosos da nova opinión profunda que habíamos creado e que no quedaba no máis básico que calqueira podería ver, con só poñer Galicia en Google, e non un galego.

Mais xa pasou un ano e agora, eu por mi mesma penso ¿Non será xustificada esta opinión de Galicia?, ¿Será quizás que é o máis bonito que ten esta terra? e a pregunta que máis me reconcome ¿Que pasaría se perdesemos isto?.
Intentando responder a isto cheguei a conclusión de que realmente sí, a natureza de Galicia sí é para min o mellor, e ademais do mais importante. É obvio que dende fai uns anos o turismo galego depende exclusivamente do noso entorno natural.

E non só os turistas disfrutan destas belezas senón tamén os paisanos de aquí.
Pero.. e se toda a nosa natureza desaparecese? se as praias, os bosques, os montes e demais deixasen de estar no noso paraíso que ?
Imaxinade que as praias chearanse de infraestructuras para ter enerxía maremotriz.Todas as praias de Galicia comezarán a ter bloques os cales axudarán a conseguir este tipo de enerxía renovable a cal beneficiará moito a toda España.
Mais as olas das nosas praias deixarán de crearse, polo que o Pantin Clasic deixará de celebrarse, así como deixarán de vir todos os surfistas e calqueira deportistas que necesiten a forza do mar para practicar o seu deporte.
Todas as praias de Galicia acabarán sendo lagoas que parecerán a Lagoa da Frouxeira ou As Pontes.
Isto disminuirá moito o turismo estacional de verán no que a xente do interior ven a disfrutar dos nosos mares.

Por outra parte, teremos unha Galicia sen montes e bosques. Pensaredes "Iso é imposible, se Galicia é todo verde ".
Mais non me extrañaría nada que debido á construcción todo o noso verde tornase por edificios xigantescos de materiais que matarán pouco a pouco as nosas herbas e toda a natureza que subyace na terra.
Miña avoa contame sempre que Caranza na súa xuventude era todo verde e campo, que ela ía a praia de Caranza como se fose Covas e que era unha maravilla ver esta vila repleta de casiñas dun piso ben pequenas.Mais agora mirade como está.
E se agora está asi, con edificios de 14 plantas e escasas zonas verdes, como estará en 30 anos?
O ladrillo comerase os nosos montes ocupando ata a cima.

Podería seguir com moitísimos mais exemplos do destrozo da "evolución" mais creo que é máis que obvio .
Non hai mais que dicir, só imaxina.
Por favor, que morra a evolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario